Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

A rúa Vasco Díaz Tanco será obxecto dun das máis ambiciosas actuacións previstas no Plan de Investimento Municipal que desenvolve o Concello de Ourense no presente ano 2017. O proxecto das obras, cuxo expediente de contratación aprobouse esta semana, prevé un investimento de 817.606,98 euros, e un prazo de execución de 6 meses.

O obxectivo é acometer unha completa posta ao día deste viario, xa que ademais da renovación das beirarrúas e rehabilitación de firmes deteriorados, sen modificar en ningún punto a sección transversal da rúa, tamén se acometerá a renovación das redes de diferentes servizos municipais. No viario realizarase a renovación, restauración ou mellora do firme existente adaptándoo as necesidades funcionais e de durabilidade, eliminando a heteroxeneidade actual das beirarrúas, que teñen distintas clases de baldosas.

Seguindo as propostas presentadas pola empresa concesionaria Viaqua e o servizo municipal de alumeado público, renovaranse servizos municipais que se atopan moi deteriorados e obsoletos:

  • Rede de abastecemento de auga: mediante a execución de tubaxes de fundición dúctil, en ambas marxes das rúa coas súas correspondentes válvulas, ventosas, arquetas, ancoraxes e hidrantes, e conexión coa rede xeral nas rúas adxacentes.
  • Rehabilitación das conducións de saneamento
  • Rede de gas
  • Renovación da rede de alumeado público. Os brazos e farois actuais substituiranse por columnas con luminarias LED. A rede discorrerá soterrada.
  • Rede de media tensión e baixa tensión subterránea e aérea
  • Rede de telecomunicacións
  • Renovación da sinalización vertical e horizontal na totalidade da rúa. Colocación de elementos de contención de vehículos e balizamento.

Plan de investimentos municipal

Este é un dos proxectos incluídos no plan de investimento municipal aprobado polo pleno do Concello cos votos favorables do grupo de goberno municipal do PP e do grupo do PSdeG-PSOE.

O desenvolvemento do programa experimentou un notable paso adiante esta semana, xa que a Xunta de Goberno Local aprobou os expedientes de contratación de 6 obras. Xunto a de Díaz Tanco, as seguintes:

  1. Ensanche de beirarrúa na rúa da Canle desde Fonte do Monte ata Ricardo Courtier: 64.781,67€ de investimento e 45 días de prazo de execución. Consiste na ampliación da beirarrúa peonil para proporcionarlle un ancho apropiado ao uso e adaptalo á lexislación vixente. Esta actuación permitirá ampliar a beirarrúa existente a costa de reducir o ancho da calzada que será suficiente para a circulación de vehículos e cumprindo as condicións urbanísticas de aplicación, incorporaranse novas pavimentacións peatonais e conexións accesibles.
  2. Acondicionamiento do vial da rúa da Tenencia–Montoscos, en Zaín: 175.663,38€ (prazo de execución: 40 días). As obras inclúen limpeza dos bordes; prolongación de rede de abastecemento da conexión da actual rede e acondicionamento do firme existente, xa que o firme carece dunha regularidade superficial, con deformacións lonxitudinais/transversais e perda de material nalgunhas zonas ocasionadas polo paso do tempo, condicións meteorolóxicas e o tránsito de vehículos, o que provoca unha redución considerable da comodidade e seguridade do tránsito polas devanditas vías. A maiores as marxes de ambos os lados, bordes e cunetas están cubertos de vexetación, o que agrava a situación por tanto as actuacións propostas van encamiñadas a reparar os danos ocasionados, a previr que se produzan máis danos e a facilitar a circulación de peóns e coches
  3. Pavimentación en recollida de auga na rúa San Jerónimo–Rairo: 70.738.71€ (4 meses). As obras inclúen limpeza de bordes, instalación sumidoiros lonxitudinais e a súa conexión á actual rede de saneamento de auga residuais e o acondicionamento do firme existente.
  4. Acondicionamiento da rúa Rabaza: 260.412,57€ (2 meses de prazo de execución). Ten como finalidade acondicionar a rúa xa que nestes momentos atópase moi deteriorada e a súa vez, mellorar redes de saneamento e fluviais. As necesidades a satisfacer consisten en acondicionar o pavimento actual do camiño de forma que sexa máis transitable tanto para os vehículo como para os viandantes da zona e a súa vez mellorar a rede actual de saneamento da zona.