Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Urbanismo, Licenzas e Vivenda

Áreas

Anunciase que, o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 3 de marzo do ano 2017, adoptou entre outros

Logo dos ARRUs

O Concello informa sobre a convocatoria para a anualidade 2017 de subvencións das ARRUs (antes ARIs) do Casco Histórico de Ourense- Fase 14; Polvorín, Camelias, Carballeira- Fase 3 e Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada-Fase 1.

Logo do Programa de Vivendas Baleiras

Os 4 primeiros pisos do programa “Vivendas baleiras” xa teñen adxudicatarios. A Concellería de Urbanismo publica o decreto de adxudicación, froito do sorteo público realizado o pasado día 28 de abril na Oficina do Servizo de Rehabilitación. Na páxina web do Concello de Ourense (Urbanismo/Rehabilitación e Vivenda/Rehavita) e no taboleiro de anuncios da Casa de Concello, as persoas interesadas poden consultar a información. Tamén poden acudir á Oficina de Rehabilitación, onde poderán recoller as notificacións como persoas adxudicatarias ou en lista de espera).

Concellería de Urbanismo

Estas bases teñen por obxecto establecer o réxime xurídico que vai regular a tramitación e concesión das axudas municipais para subvencionar parcialmente o custo da redacción do Informe de inspección técnica de Edificios para aqueles propietarios que demostren a escaseza de recursos económicos para afrontar os gastos derivados da súa redacción.

Visita as obras na rúa Casilla

O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron as obras realizadas na rúa Casilla para a mellora da interseción peonil frente a rúa Xesús Pousa, a mellora do firme deteriorado e a canalización da auga, e que contan cun orzamento base de 52.388´84 euros.

Reunión cos axentes sociais a raiz do Programa Vivendas Baleiras

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu unha reunión informativa con axentes da propiedade inmobiliaria da cidade, convocada polo Goberno Municipal, para impulsar o Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia.

Logos do Programa de Vivendas Baleiras

O Boletín Oficial da Provincia publicou o 19 de  decembro de 2016 as bases reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras, dentro do Plan Galego de Rehabilitación, Alugueiro e Mellora do Acceso á Vivenda 2015 – 2020 (Plan RehaVIta)

Logo da área de Urbanismo

O Concello de Ourense, a través do seu Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIs, está a tramitar 44 axudas noutros tantos inmobles pertencentes ás tres Áreas de Rexeneración e Rehabilitación Urbana (ARRUs) da cidade: a de O Polvorín – Camelias - A Carballeira, Seixalbo e centro histórico.

Logo del área de Urbanismo

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, informou na rolda de prensa posterior a Xunta de goberno que o último dos expedientes do Servizo de Rehabilitación ofrece  “unha noticia importante para Ourense en materia social e integradora, como é a aprobación definitiva polo IGVS e ordenación da publicación, para a súa efectiva entrada en funcionamento, das bases reguladoras do Programa de Vivendas Baleiras”, dixo o rexedor.

Logo do programa Come Ourense

URBACT II é un programa da UE que promove o intercambio e a aprendizaxe entre cidades en materia de desenvolvemento urbano sostible. Permite que as entidades participantes traballen xuntas no desenvolvemento de solucións ós maiores desafíos urbanos reafirmando o seu papel principal en abordar os crecentes e complexos desafíos sociais. Lles axuda a desenvolver solucións pragmáticas novas e sostibles e que integran as dimensións económica, social e medioambiental. E lles permite compartir boas prácticas e experiencias con tódolos profesionais involucrados na política urbana.