Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu na tarde do 17 de novembro o acto de entrega dos premios da décima edición do concurso de pinchos Sabores de Ourense – edición Outono 2017 que organiza a Concellería de Turismo e Termalismo coa Unión de Hosteleiros de Ourense (UHO). A Cuqueira da Lourdes, Atarazana e A saia da Carolina elaboraron os tres pinchos gañadores desta edición, na que participaron un total de 46 establecementos da cidade.

O xurado profesional, composto por Jesús Prieto Marquiegui e Jesús Prieto Serrano (Restaurante Serrano de Astorga), Manuel Núñez (Restaurante Arume de Barcelona), Manuel Domínguez (Restaurante Lúa de Madrid), e Daniel López (Restaurante O Camiño do Inglés de Ferrol), concedeu os seguintes premios:

  • 1º Premio: A Cuqueira de Lourdes polo seu pincho Cuquiburger
  • 2º Premio: Adega das Caldas polo seu pincho Camiño de Santiago
  • 3º Premio: Sanmiguel polo seu pincho Outono 8.0

No tocante ao premio do público, e logo de facer o reconto das 1.820 papeletas depositadas nas urnas -do que se colixe que, cando emnos, foron 5.460 os pinchos elaborados nesta edición-, os premios repártense da seguinte forma:

  • 1º Premio: Atarazana polo seu pincho Flor de outono
  • 2º Premio: A Casita do Pulpo polo seu pincho Roliño de outono
  • 3º Premio: A Casa do Pulpo polo seu pincho Petisco churrasco

Na categoría Premio Pincho Celíaco, outorgado pola delegación ourensá da Asociación de Celíacos de Galicia, o máximo merecemento recaeu no pincho Camiño da Prata, elaborado por A saia da Carolina.

Ademais destes premios, no acto tamén se repartiron os premios individuais entregados polos patrocinadores entre todas as persoas que participaron no premio do público, así coma os premios #SaboresdeOurense -para os máis votados a través da aplicación móbil co mesmo nome-, que foron os seguintes:

  • 1º Premio: A Cuqueira de Lourdes polo seu pincho Cuquiburger
  • 2º Premio: Atarazana polo seu pincho Flor de outono
  • 3º Premio: Catador polo seu pincho Durum de outono