Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

O luns 23 de outubro comezan as obras de reparación no muro perimetral das Termas do Muíño da Veiga. As actuacións consistirán na restauración do muro perimetral naquelas zonas nas que se atopa danado por mor das avenidas do río Miño. Para elo, reporanse ditas zonas mediante aporte de pedra igual, rexuntadas con morteiro de alta adherencia. O custe dos traballos será de 23.215 euros.

Estas obras son froito da colaboración entre o Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, tal e como se puxo de manifesto o pasado 26 de setembro, nunha reunión na que participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, así como o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Francisco Marín. O obxectivo daquela reunión era para avanzar en varios asuntos comúns entre ambas as Administracións, entre os que se atopaba esta actuación.

Por mor dos traballos, as Termas do Muíño da Veiga permanecerán pechadas desde o luns e durante un mes, prazo estimado de execución da obra.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, salienta que “grazas á cooperación institucional seguimos aunando sinerxias e recursos das administracións para acometer obras que redunden en melloras para espazos clave da nosa cidade, como é o caso das Termas do Muíño”.