Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Auga ampliando os horarios da piscina termal das Burgas do 22 ao 25 de marzo ata as 23.00 horas. Unha oportunidade única para gozar dun baño termal baixo as estrelas neste sitio histórico. Desde hai máis de dúas décadas, cada 22 de marzo o planeta celebra el Día Mundial da Auga, unha chamada de atención sobre a importancia deste recursos e a súa xestión sostible. A Capital Termal de Galicia súmase a esta efeméride ampliando o horarios das súas instalacións termais, ademais de colaborar coa Universidade de Vigo na xornada anual de portas abertas do Campus da Auga.

Desde o mércores 22 de marzo até o sábado 25 (ambos inclusive) a Piscina termal das Burgas amplía de forma extraordinaria os seus horarios até as 23:00 horas, unha ocasión perfecta para descubrir este espazo termal histórico no corazón da cidade vella.

Ademais, durante o día 22 o Concello colabora coa Vicerreitoría do Campus de Ourense na sesión de portas abertas do Campus da Auga, onde escolares poderán descubrir e familiarizarse coa oferta académica e de investigación do centro. Tamén se darán a coñecer o nome das persoas gañadoras da III edición do Concurso fotográfico Campus da Auga- Scholaris "Auga, Ciencia e Desenvolvemento Sostible". O concurso, que fai fincapé na importancia deste recurso e na súa xestión, premiará os mellores foto-relatos elaborados por escolares. Nesta edición traballaron sobre o coidado, uso responsable e reciclaxe da auga.

Celebration@Sources

Con estas actividades Ourense súmase a proposta da Asociación Europea de Ciudades Termais Históricas para que os seus membros celebren de xeito conxunto esta data. Baixo o título Celebration@Sources, as diferentes cidades europeas organizan un programa de actividades que se poderá seguir a través da páxina de facebook da asociación ThermalTravels O público está convidado a participar activamente cos seus comentarios e fotografías nas redes sociais empregando a etiqueta #celebrationsources.