Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

Estas mananciais, agasallo da Natureza, son sen dúbida un dos principais atractivos turísticos de Ourense: ben sexa no centro histórico ou nas marxes do río Mio, calquer momento do día é bo para gozar dun baño quente ao aire libre nalgunha das súas instalacións, sexa inverno ou verán.

Pero Ourense é moito máis que auga, é un destino que sorprende a quen nos visita. Situado nunha encrucillada natural de camiños e cunha paisaxe debuxada polo curso dos ríos, a cidade tivo sempre unha vontade de proxección cara ao exterior que se traduce no sentido da hospitalidade que caracteriza as súas xentes.

Nas praciñas e ruelas do seu Centro Histórico, un fermosos laberinto construído en pedra, pálpase ben ese carácter amable, con animadas terrazas á sombra de monumentos como a Catedral de San Martiño, o Antigo Pazo Episcopal ou o Pazo Oca ­ Valladares (hoxe, o Liceo).

A súa apretada axenda cultura, a variada oferta comercial e a súa magnífica gastronomía acaban de perfilar unha cidade que destaca pola súa calidade de vida e cautiva aos seus visitantes.

Propostas para coñecer Ourense

– Amplía información e planifica a tua viaxe en http://www.turismodeourense.gal

Documentos