Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

O salón de plenos do Concello de Ourense foi escenario da entrega de premios aos gañadores do sexto concurso Sabores de Ourense – Primavera (do 27 abril ao 7 de maio). Ao acto asistiron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar, o secretario da Unión de Hostaleiros de Ourense, Javier Outomuro e representantes das firmas patrocinadoras. A estimación dos votos do público dá como resultado máis de 3.500 pinchos servidos durante o concurso.

A comisión avaliadora, formada por Rubén Amorín (blog Ni mata ni engorda), Iñigo Atapuerca (Caldaria) e José Luis Rivera (Concello de Ourense) elixiu, de entre os 41 pinchos participantes, os seguintes finalistas: A Casita do Pulpo, Atarazana, Bacelo, Garden Porta Da Pía, Sanmiguel, Tamarindo, Tapa Negra, A Cuqueira de Lourdes, Portovello, A Feira. O xurado prefesional reuniuse o pasado luns 8 de maio, na Taberna, para degustar os pinchos dos finalistas e elixir, de entre eles, os seguintes gañadores.

Premio do Xurado Profesional

Composto por Sonia Albor (Concello de Ourense), José Manuel García (programa de radio Come e Fala), Jesús Lastra (Mr. Chef Online), Rosa Celi Mouteira (Escola de Hostelería de Vilamarín) e Silvia Pardo (Xantar).

  • 1º premio: GastroBar Sanmiguel, por O atún e a primavera
  • 2º Premio: Bacelo, por Choco donut
  • 3º Premio: Tapa Negra, por Tesouro mariño

Premio do Público

  • 1º Premio: Fuentefría, por Mar vivo
  • 2º Premio: A Casa do Pulpo, por Polbiño de rocha brasado
  • 3º Premio: Atarazana, por Arroz de carabineiros

Contabilizáronse 1.164 papeletas válidas e 64 nulas, o que dá lugar a un mínimo de 3.500 pinchos contabilizados, sen contar os que non se votaron.

Premio Pincho Celíaco

Outorgado pola delegación ourensá da Asociación de Celíacos de Galicia.

Atarazana, por Arroz de carabineiros

Premios da app #SaboresdeOurense

  • 1º Premio: Fuentefría, por Mar vivo
  • 2º Premio: Bar Ideas, por Salpicón de pescada e gambas
  • 3º Premio: Atarazana, por Arroz de carabineiros