Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

O alcalde, Jesús Vázquez, e a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, veñen de asinar un Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ourense, para a realización de actividades de promoción, dinamización e fomento do turismo por un importe total de 116.000 euros.

O obxecto do convenio é establecer as bases de colaboración entre as dúas entidades a través de dúas liñas fundamentais:

A mellora de Infraestruturas turísticas, que comprende a mellora das infraestruturas turísticas e termais nas ribeiras do Miño, acondicionando os espazos xa existentes, inclusión de novas dotacións e equipamentos e recuperación, posta en valor e conservación da biodiversidade natural e patrimonial que existe na contorna do río (53.000 euros). Así mesmo, instalarase e renovarase a sinalización turística (21.000 euros)

A segunda liña é unha campaña de promoción en medios online con reforzo en redes sociais, e a gravación e produción dun vídeo turístico para a promoción de Ourense como destino turístico (42.000 euros).

O orzamento para a execución destas accións é de 116.000 euros, dos que 103.000 sairán dos fondos da Xunta de Galicia e 13.000 da partida da Concellería de Turismo e Termalismo.

Hai que dicir que é o terceiro ano consecutivo que O Concello e a Xunta asinan este convenio coa clara intención de pór en valor un dos espazos máis representativos de Ourense, así coma o mellor reclamo para o turismo desta cidade.

“E por iso teño que agradecer enormemente a implicación e a colaboración constante que temos da Xunta, neste caso concreto a través da Axencia de Turismo de Galicia que maxistralmente dirixe Nava Castro, por atender sempre as peticións que formulamos e por apoiar canta iniciativa de promoción turística da nosa cidade”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez.