Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

Presentación da campaña con Logitravel

No marco da Feria Internacional de Turismo FITUR, Ourense e Logitravel renovaron o seu seu compromiso de colaboración para situar a cidade como destino singular cun paquete turístico completo que inclúe tren, hotel e alquiler de vehículo.

Oficina de Turismo de Ourense

O ano 2017 trouxo a Ourense case 4.000 turistas máis que no ano anterior, até un total de 30.561, o que supón un aumento do 15% respecto a 2016.

Presentación do proxecto dun hotel na rúa Reza

Ourense contará cun novo hotel de 25 habitacións, con dúas delas tipo suite, e catro estrelas. Terá piscina termal, ximnasio, salas de reunións e xardíns.

Logo de Sabores de Ourense

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu na tarde do 17 de novembro o acto de entrega dos premios da décima edición do concurso de pinchos Sabores de Ourense – edición Outono 2017 que organiza a Concellería de Turismo e Termalismo coa Unión de Hosteleiros de Ourense (UHO). A Cuqueira da Lourdes, Atarazana e A saia da Carolina elaboraron os tres pinchos gañadores desta edición, na que participaron un total de 46 establecementos da cidade.

Asamblea Xeral da Rede de Cidades AVE

A Rede de Cidades AVE celebrou no Concello de Sevilla, cidade que ostenta a súa Presidencia, unha reunión técnica e a súa Asemblea Xeral (martes 14 e mércores 15 de novembro, respectivamente), nas que os membros dos diferentes destinos da Rede fixeron balance das accións despregadas durante 2017

Sabores de Ourense

O concurso de pinchos “Sabores de Ourense” xa ten gañadores na súa edición de outono 2017. Esta tarde tivo lugar a xuntanza do xurado profesional desta décima edición do certame ourensán, que se desenvolveu desde o día 31 de outubro ata o pasado domingo, 12 de novembro, organizado pola Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourrense e a Unión de Hostaleiros de Ourense.

Presentación de Sabores de Outono 2017

A cidade de Ourense pon en valor o seu potencial gastronómico coa 10ª edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Outono, que organizan a Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO). Desde o 31 de outubo ata o día 12 de novembro, 46 establecementos da cidade participarán na actividade, que se enmarca entre dúas datas festivas tan relevantes para a cidade como Samaín e Magostos.

Pozas do Muiño

O luns 23 de outubro comezan as obras de reparación no muro perimetral das Termas do Muíño da Veiga. As actuacións consistirán na restauración do muro perimetral naquelas zonas nas que se atopa danado por mor das avenidas do río Miño. Para elo, reporanse ditas zonas mediante aporte de pedra igual, rexuntadas con morteiro de alta adherencia. O custe dos traballos será de 23.215 euros.

Visita as obras no Tinteiro

O alcalde Jesús Vázquez e o voceiro do PSdeG no Concello, Angel Vázquez Barquero, visitaron as obras na zona do Tinteiro, dentro do Plan de Investimentos, que rematarán a súa primeira fase este luns.

Presentación da campaña "Ourense un plan perfecto".

O Museo Municipal acolleu o acto de presentación da campaña de promoción turística de Outono 2017, financiada con cargo ao convenio de promoción turística do Concello de Ourense coa Xunta de Galicia. Desenvolverase fundamentamente en medios online sobre dous eixos, gráfico e audiovisual, con publicidade nas principais redes sociais (Youtube, Facebook, Instagram), as principais plataformas de televisión online en España (Mitele e A3Player) e magazines online especializados.