Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

O concelleiro de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Jorge Pumar, e o xerente de Expourense, Alejandro Rubín, veñen de realizar a primeira das reunións para a planificación das actividades de promoción turística e termal da cidade para o ano 2017.

Neste sentido, a primeira das grandes citas será o 18º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebrará do 1 ao 5 de febreiro en Ourense e que, como cada ano, espera a visita de milleiros de visitantes.

O turismo gastronómico, malia ser un dos puntais da oferta da nosa cidade, non foi o único asunto tratado na reunión. O concelleiro Jorge Pumar e Alejandro Rubín falaron, ademais, do calendario de actividades relacionadas co turismo e co termalismo para o ano 2017.