Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

RECEPCION DO OBXECTO

Se algunha persoa atopa un obxecto perdido, o pode entregar de forma persoal na Xefatura da Policía Local ou comunicalo chamando ao número de teléfono 092.
Se así o desexa pode identificarse (DNI, teléfono, e-mail,…), a efectos de poder recuperar o obxecto transcorridos 2 anos dende a data na cal se entregou o mesmo, podendo solicitar un recibín do obxecto entregado en custodia.

ENTREGA DE OBXECTOS PERDIDOS AO SEU PROPIETARIO

Para a retirada dos obxectos perdidos será necesario o seguinte:

  • DNI ou pasaporte do propietario. Tamén pode retiralo unha persoa autorizada presentando o seu DNI ou pasaporte en vigor, ademais da autorización escrita do propietario e fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor deste.
  • Descrición do obxecto, lugar e data aproximada da perda. Factura de compra ou foto do obxecto; no caso de tratarse dun móbil, tableta, ordenador portátil, debe acendelo, indicar o IMEI ou contrasinal ou presentar unha proba que acredite a súa propiedade.

ENTREGA DE OBXECTOS PERDIDOS Á PERSOA QUE O ATOPOU

Para a retirada dos obxectos perdidos será necesario o seguinte:

  • DNI ou pasaporte da persoa que o atopou e o correspondente recibín, de telo solicitado no seu día.

Tamén pode retiralo unha persoa autorizada presentando o seu DNI ou pasaporte en vigor, ademais da autorización escrita da persoa que atopou o obxecto e fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor deste.

A persoa que atopa o obxecto non se devolverá todo aquilo que conteña información persoal como DNI’s, permisos e licenzas de conducción e demais documentos, así como aparellos electrónicos que sexan susceptibles de gardar a mencionada información e non sexa posible a súa eliminación de forma irrecuperable (teléfonos móbiles). Si devolveranse os ordenadores despois de eliminar de forma irrecuperable todo o seu contido.