Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

O proxecto de Orzamentos 2017 elaborado polo Goberno Municipal reforzará a Seguridade Cidadá, incrementándose en case 150.000 euros, é dicir un incremento do 5% con respecto ao 2014, onde a consignación era de 2,85 millóns de euros.

No borrador de orzamentos que actualmente están a analizar os grupos políticos, contémplase unha partida que non existía: a destinada á adquisicións de equipos e material de utillaxe da Policía Local. Asimesmo, tamén se dota unha nova partida, antes non contemplada, para cursos de formación deste corpo policial.

Tamén se prevé a adquisición de tarxetas de acceso de residentes ao Casco Histórico, algo que non estaba contemplado no Orzamento 2014 e que actualmente está xerando queixas entre os residentes, dado que o cambio da ordenanza o anterior mandato de acceso ao casco histórico (aprobado no anterior mandato) permite o paso de máis vehículos que os inicialmente contemplados.

No que respecta ao Servizo de Extinción de Incendios, contémplanse por vez primeira os fondos de Unexpa adicados á adquisición de vehículos (0,46 millóns de euros) e dótase unha nova partida de equipos informáticos para intervencións dos bombeiros.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, salienta que “pese ás limitacións no gasto imposta pola Ley de Estabilidad Presupuestaria, este goberno municipal ten un compromiso claro con reforzar a seguridade cidadá, poñendo a disposición dos traballadores todos os medios ao noso alcance para facilitar a súa labor, que redundará en beneficio de todo Ourense”.