Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

Seguridade Cidadá, Educación, Voluntariado, Mobilidade e a propia Alcaldía traballan conxuntamente para realizar accións de concienciación na rúa en colaboración coa Policía Local.  Estas accións complementaranse con charlas en asociacións de veciños, colexios e centros cívicos

A concienciación sobre a seguridade vial é para o goberno municipal un tema transversal e no que están implicadas diversas concellerías.

De feito, o 17 de marzo tivo lugar unha reunión na que estiveron presentes os responsables de Seguridade Cidadá, Educación, Voluntariado e Mobilidade, co fin de deseñar accións conxuntas de concienciación en colaboración coa Policía Local, que xa iniciou campaña de sensibilización na rúa onte mesmo e que se desenvolverá, inicialmente ata o día 24. Esta campaña centrarase nos pasos de peóns (peóns, conductores, vehículos mal estacionados que impiden a visibilidade, etc) e zonas próximas.

Así, en colaboración coa Policía Local, nafin de semana inicianse contactos coas 55 asociacións veciñais da cidade e distribuiranse carteis como primeira acción de concienciación, que se complementará con charlas en asociacións, centros cívicos, anpas e colexios; accións de rúa e actividades para visibilizar e concienciar sobre esta problemática que serán comunicadas nos vindeiros días.