Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

 

A Concellería de Sanidade ten programas distintas actividades co fin de promover a lactancia matena.

Actividades programadas:

  • Espectáculo familiar: "Cousas de papá" de Hector Lorenzo.  O 2 de outubro ás 18 h nos Xardís Padre Feijoo
  • Exposición fotografías gañadoras: VII Concurso de fotografía Concello de Ourense Lactancia Materna 2016. Todo o mes de Outubro nos Xardíns Padre Feijoo

*Colaboración coa Asociación de apoio á Lactacia materna "Arrolos de Teta"

Relacións entre cada un dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible e a Lactancia Materna

  1. ENFRONTA A POBREZA
    A lactancia materna é unha forma natural e de baixo custo de alimentar os/as bebés, nenos e nenas. É accesible para todo o mundo e non é unha carga para o orzamento familiar a diferenza da alimentación artificial. A lactancia materna contribúe á redución da pobreza.
  2. CERO FAME
    A lactancia materna exclusiva e continuada por dous anos ou máis, proporciona nutrientes de alta calidade e unha axeitada enerxía, e pode axudar a previr a fame, a desnutrición e a obesidade. A lactancia materna tamén significa seguridade alimentaria para a infancia.
  3. BOA SAÚDE E BENESTAR
    A lactancia materna mellora significativamente a saúde, o desenvolvemento e a supervivencia de lactantes, nenos e nenas. Tamén contribúe na mellora da saúde e do benestar das nais, tanto a curto como a longo prazo.
  4. EDUCACION DE CALIDADE
    A lactancia materna e a alimentación complementaria axeitada son fundamentais para a aprendizaxe. A lactancia materna e a alimentación complementaria de boa calidade contribúen de maneira significativa ao desenvolvemento mental e cognitivo e deste modo, axudan á aprendizaxe. 
  5. EQUIDADE DE XÉNERO
    A lactancia materna axuda á equidade de xénero ao ofrecerlle a cada nena e neno o mellor comezo xusto na vida. A lactancia materna é un dereito único das mulleres que debe ser apoiado pola sociedade para que poidan aleitar de forma óptima. A experiencia da lactancia materna pode ser satisfactoria e enriquecedora para a nai xa que ela asume o control sobre como alimentar o seu bebé.
  6. AUGA POTABLE E SANEAMENTO
    A lactancia a demanda proporciona toda a auga que necesita un bebé, mesmo no verán. A diferenza, a alimentación con fórmula require de acceso á auga potable, hixiene e saneamento.
  7. ACCESIBLE ENERXÍA LIMPA   
    A lactancia materna consome pouca enerxía en comparación coa industria de produción de fórmulas. Tamén reduce o consumo de auga, leña e outros combustibles no fogar.
  8. TRABALLO DECENTE E CRECEMENTO ECONÓMICO
    As mulleres lactantes que reciben apoio dos seus empregadores desenvolven maior produtividade e lealdade. A protección da maternidade e outras políticas no traballo permítenlles ás mulleres combinar a lactancia materna co seu outro traballo ou emprego. Os empregos dignos atenden as necesidades das mulleres que aleitan, especialmente aquelas que viven situacións precarias.
  9. INDUSTRIA INNOVACION E INFRAESTUTURA
    Coa industrialización e a urbanización, os desafíos de tempo e espazo tórnanse máis decisivos. As nais lactantes que traballan fóra do fogar enfrontan estes desafíos e precisan do apoio dos seus empregadores, as súas propias familias e comunidades.  Centros de coidado infantil próximos aos lugares de traballo, salas de lactancia e períodos para aleitar poden facer unha gran diferenza.
  10. REDUCIÓN DE DESIGUALDADES
    As prácticas de lactancia materna difiren en todo o mundo. A lactancia materna debe ser protexida, promovida e apoiada para todas as mulleres, en particular para aquelas que viven situacións de pobreza e vulnerabilidade. Isto axuda a reducir as desigualdades.
  11. CIDADES E COMUNIDADES SOSTIBLES
    No balbordo das grandes cidades, as nais lactantes e os seus bebés precisan sentir seguridade e ser benvidas/os en todos os espazos públicos. Cando os desastres e crises humanitarias golpean, as mulleres, nenas e nenos vense afectados de maneira desproporcionada. As mulleres embarazadas e lactantes precisan un apoio especial nestas circunstancias.
  12. CONSUMO E PRODUCIÓN RESPONSABLE
    A lactancia materna é unha fonte de nutrición e sustento sostible, saudables, viables, non contaminante e non depredadora de recursos.
  13. ACCIÓN CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO
    A lactancia materna salvagarda a saúde e nutrición infantil en tempos de adversidade e desastres relacionados co cambio climático debido ao quentamento global.
  14. VIDA SUBMARINA
    A lactancia materna implica menos residuos en comparación coa alimentación con fórmula. A produción industrial e a distribución das fórmulas infantís supón desperdicios que contaminan os mares e afectan á vida mariña.
  15. VIDA NA TERRA
    A lactancia materna é ecolóxica, a diferenza da alimentación con fórmula. A produción de fórmulas implica produción leiteira que exerce presión sobre os recursos naturais e contribúe a emisións de carbono e ao cambio climático.
  16. PAZ E XUSTIZA FORTE INSTITUCIONALIDADE
    A lactancia materna está consagrada en moitos marcos e convencións de dereitos humanos. Precísanse leis e políticas nacionais para protexer e apoiar as nais lactantes e os seus bebés, e para garantir o respecto dos seus dereitos.
  17. ALIANZAS PARA ACADAR OS OBXECTIVOS
    A Estratexia Mundial para a Alimentación do Lactante e Neno Pequeno (ALNP) fomenta a colaboración multisectorial e unha diversidade de alianzas para apoirar o desenvolvemento, a través de programas e iniciativas de lactancia materna.

Documentos