Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), no marco da celebración do Día Mundial do Consumidor, porá en marcha nas súas dependencias, en asociacións veciñais e Centros Cívicos, charlas e obradoiros sobre as materias que suscitan un maior número de consultas e reclamacións coa finalidade de informar e formar ós consumidores máis vulnerables naquelas materias nas cales son vítimas dos abusos na súa faceta como consumidores.

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), no marco da celebración do Día Mundial do Consumidor, porá en marcha nas súas dependencias, en asociacións veciñais e Centros Cívicos, charlas e obradoiros sobre as materias que suscitan un maior número de consultas e reclamacións coa finalidade de informar e formar ós consumidores máis vulnerables naquelas materias nas cales son vítimas dos abusos na súa faceta como consumidores.

 

Os contidos selecciónanse en base os estatísticos da OMIC, incorporando novos temas en función da opinión das persoas participantes. Centraranse nos sectores con maior número de reclamacións: cláusulas chan, servizos de subministración, telefonía, banca, seguros, viaxes., etc. Os temas son: nocións básicas de consumo, banca e seguros (cláusulas chan); servizos de subministración (consumos de auga, luz, gas); telefonía; reparacións e garantías; compra por internet; viaxes e transportes; produtos “milagre”.

Usuarios

A maioría das persoas que acoden á OMIC - sobre todo as de maior idade- comentan que teñen moitas dificultades á hora de comprender un contrato ou unha factura, debido á complexa linguaxe e ó diminuto tamaño dos caracteres.

Este colectivo adoita informase e consultar primeiro coa familia e veciños, pero só unha porcentaxe moi pequena (11-15%) acoden á OMIC ou ao Instituto Galego de Consumo. A maioría opina que non existen suficientes recursos para axudalos sobre todo en cuestións referidas aos servizos de subministración de enerxía, telefonía, banca , seguros, viaxes e transportes.

O 95% dos que acoden consideran que no foron ben informados das condicións do contrato, e que se sentiron enganados. Unha alta porcentaxe manifesta que ten dificultades á hora de reclamar porque dubida onde facelo e ademais resúltalles complicado cubrir e entregar a folla de reclamación. Trátese dun colectivo moi vulnerable a posibles fraudes e conflitos, polo tanto é necesario dotalos de mecanismos que lles protexan contra abusos e estafas.

Charlas na OMIC

As charlas divulgativas sobre os dereitos dos consumidores serán na propia OMIC en horario de mañá e con dúas sesións semanais en grupos de 10 persoas e a cargo do persoal da oficina. Nas Asociacións de Veciños, pola tarde, e Centros Cívicos, a cargo de entidades e persoas colaboradoras.

O prazo para presentar as solicitudes será durante todo o mes de abril e as actividades impartiranse nos meses de maio e xuño e nos de outubro e novembro. As inscricións poderán realizarse por teléfono (988.388.129) presencialmente (nas novas dependencias da OMIC emprazadas na Praza Bernardo Glez Cachamuiña 11-13, esquina Rúa Telleira) ou por correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Cláusulas Chan

Debido ao grande aumento das reclamacións por cláusulas chan, a OMIC realizará un importante labor comunicador. Dende a aprobación do Real Decreto-lei 1/2017, de 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas chan, e tamén dende a sentenza 705/2015, de 23 de decembro de 2015, na que se determinou que os gastos de constitución dos préstamos hipotecarios como notaría, rexistro e IAJD, etc, deben pagalos as entidades por ser o beneficiarios do pago destes servizos. Segundo o INE as cláusulas chan afectan a un millón e medio de persoas e os gastos hipotecarios a máis de oito millóns.

Dende a OMIC aconséllase sobre ambas as dúas materias mediante o estudo de cada hipoteca e das facturas, axudando a cubrir os diversos impresos, segundo proceda en cada caso (cláusula chan e/ou gastos improcedentes). Para elo é necesario que acudan coa escritura hipotecaria e/ou cos recibos do préstamo (no caso das cláusulas chan) así como coas facturas para determinar sobre cales se pode ou non reclamar, xa que nesta cuestión detéctase moita confusión por parte dos consumidores. No caso de reclamación de gastos só se poden calcular as cantidades exactas comprobando as facturas.

Dado que o asesoramento ten certa complexidade, a duración media de cada consulta sobre cláusulas e cálculo de gastos hipotecarios oscila de quince a trinta minutos, segundo cada caso. A media de consultas diarias é de 15 a 20.

Charlas específicas sobre as cláusulas chan

A OMIC do Concello de Ourense considera que é momento de potenciar o labor de alfabetización debido ao elevado número de consultas sobre estas materias: cláusulas abusivas, gastos hipotecarios, xuros, comisións, etc. O comportamento irresponsable das entidades financeiras e a opacidade e complexidade do sistema bancario promove a adopción destas medidas urxentes.

Os contidos que impartirán son os seguintes:

  1. A estrutura do sistema bancario, procedementos para reclamar.
  2. Características e riscos dos seguintes produtos: Tipos de contas; tarxetas; créditos ao consumo; préstamos hipotecarios:
  3. Como reclamar polas cláusulas chan e polos gastos hipotecarios.

A actividade difundirase nos meses de marzo e de abril e as charlas empezarán a impartirse en maio e xuño e en outubro e novembro.

Información adicional