Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense recorda que está aberto o plazo para inscribirse no curso adicado a coñecer os Alérxenos Alimentarios, dentro do programa de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade. A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense recorda que está aberto o plazo para inscribirse no curso adicado a coñecer os Alérxenos Alimentarios, dentro do programa de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade.

Para obter máis información dirixirse ás instalacións da Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte, número un. As Lagoas. A inscrición será no rexistro xeral do Concello e deberá ir acompañada dun volante de empadronamento no municipio.

O vindeira cita terá lugar o 7 de marzo. Trátase dun curso adicado a coñecer os Alérxenos Alimentarios. O horario será de 09,00 a 13,00 horas.

Beneficiarios e inscrición

A actividade está dirixida a profesionais da hostalaría, profesionais da saúde e xestores de comedores colectivos, así como a todos aqueles interesados na promoción das boas prácticas alimentarias.

Deben estar empadroados no Concello de Ourense e para inscribirse, de balde, deben presentar no Rexistro Xeral do Concello a súa instancia de procedementos xerais solicitando o curso, o horario, así coma o certificado de empadronamento.

Os cursos terán lugar da Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte, nº1.