Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

A Consellería de Sanidade presenta a cuarta edición do Concurso “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea”, destinado a alumnos da ESO do Concello de Ourense.

A Consellería de Sanidade presenta a cuarta edición do Concurso “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea”, destinado a alumnos da ESO do Concello de Ourense.

Bases

  • Os participantes serán estudantes da ESO do Concello de Ourense
  • Pódese concursar individualemnte ou en grupo cun máximo de dúas persoas
  • Podese participar nunha ou en varias categorías, cun único desenvolvemento creativo
  • O tema das propostas deberá estar relacionado con: “O poder de ser ti mesmo (sen alcohol)”
  • O xurado será nomeado pola Concellería de Sanidade e a súa decisión será inapelable.
  • O Concello resérvase o dereito sobre os traballos presentados, que non se devolverán


Categorías

Haberá catro categorías:

  1. Un eslogan en galego ou castelán con cinco palabras como máximo para resumir a idea
  2. Unha acción en galego ou castelán para difundir a idea.
  3. Un microrrelato en galego ou castelán cunha extensión máxima de 150 palabras.
  4. Unha curtametraxe de non máis de UN minuto para gravar a idea

 


Plazo

As ideas entregaránselles antes do 31 de marzo aos titores ou pódense enviar á: Concelleria de Sanidade, rúa Vasco da Ponte, número un. 32.004. Ourense

A partires do mes de abril de 2017 poderánse difundir as ideas apuntadas