Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

 Trátase dun proxecto dirixido a rapaces entre 11 e 20 anos,  que son alumnos de ESO, bacharelato ou de ciclos formativos.

Obxectivo

O programa pretende usar o cine como ferramenta para que interactúen, fagan unha análise, reflexión crítica e debatan sobre temas tan dispares como o racismo, a sexualidade ou as relacións de familia.

Materiais

  • Guías didácticas para o profesorado e o alumnando
  • Filmes en DVD

Contidos

Os alumnos procederán ao visionado das películas seleccionadas nesta edición e desenvolverán os contidos das guías didácticas na aula.

Películas

  • "The Kings of Summer". Análise das normas e dos límites
  • "Desconexión". Análise do impacto das tecnoloxías nas nosas vidas
  • "El lenguaje del amor". Análise do espertar do amor
  • "Yo, él y Raquel". Autoestima, empatía e enfermidade
  • "Mustang". Familia, muller e tradición