Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Sanidade presenta unha nova edición do programa Unplugged. O obxectivo do curso é lograr que o profesorado coñeza as posibilidades do programa educativo Unplugged, como ferramenta de apoio para a prevención do consumo de drogas na escola.

Contidos

O curso desenvolveráse en 8 horas, en dúas xornadas, para afondar sobre os seguintes eixes: empatía, asertividade, dinámicas grupais durante a adolescencia, relacións sociais, superación de dificultades, solución de problemas e toma de decisións, marcarse obxectivos, percepción normativa, información sobre alcohol, tabaco e outras drogas.

Materiais

Os materiais para o desenvolvemento do programa serán: un manual do profesorado, un caderno de traballo do alumnado e un paquete de fichas.

Fecha de realización

O curso terá os días 27 e 28 de setembro no Centro de Formación e Recursos de Ourense (Avenida da Universidade, 18)