Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Vixía é un programa de prevención selectiva de consumo de drogas para intervir directamente na comunidade educativa implicando ó profesorado, as nais e pais e, especialmente, a poboación adolescente.

Os datos da Enquisa Estatal sobre Consumo de Drogas entre Estudantes de Ensino Secundario en España (ESTIDES) de 2013 constatan que o inicio nos consumos de drogas tanto legais coma ilegais é entre os 14 e os 16 anos de idade.

Vixía diríxese fundamentalmente ao grupo-aula no que previamente se detectou unha situación de risco nalgún alumno/a.

A quén vai dirixido?

A alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obligatoria

Obxectivos

  1. Informar sobre as drogas (sobretodo alcohol, tabaco e cannabis) e os riscos asociados ao seu uso.
  2. Desmontar as crenzas distorsionadas sobre as drogas
  3. Recoñecer as presións sociais cara ao consumo
  4. Mellorar as habilidades para enfrontar situación de presión para consumir e a toma de decisión máis correcta e de menor risco.

Cómo se desenvolve?

  1. Á demanda dos centros educativos.
  2. Avaliación de necesidades específicas, de análise previa á execución do programa, para seleccionar os contidos máis axustados aos destinatarios.
  3. Estabelecemento dun cronograma de desenvolvemento cos orientadores.
  4. Unha sesión de 120 minutos con país, nais e profesorado.
  5. Intevención grupal co alumnado, en catro sesión de 90 minutos, en horario lectivo e cunha frecuencia semanal.
  6. As sesións teñen unha estrutura aberta e flexible

Cándo?

Durante o curso escolar

Onde?

No propio centro.

Información sobre o Programa Vixía