Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

A Concellería de Sanidade organiza, para os vindeiros 9, 10 e 11 de maio, un curso sobre Manipulación de Alimentos dirixido a persoas con discapacidade no marco do programa Boas prácticas alimentarias e prevención activa da obesidade. Unha vintena de persoas pertencentes á asociación ADO de Ourense asistirán, en horario de 10:00 a 13:00 horas, á Aula de Cociña de Vasco da Ponte 1.

Ademais das clases prácticas, os alumnos deste curso visitarán o mércores 10 a Praza de Abastos nº1 onde coñecerán, da man da especialista en nutrición que imparte o curso, aspectos nutricionais dos alimentos, principalmente peixes e froitas, para aprender a distinguir os produtos frescos e de tempada. Coñecementos que aplicarán na última xornada do curso de volta á Aula.

O programa Boas prácticas alimentarias e prevención activa da obesidade ofrece recomendacións e apoio á cidadanía sobre como facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables desenvolvendo distintas accións destinadas a fomentar a dieta saudable e actividade física regular aos colectivos máis vulnerables a través dunha metodoloxía participativa e coa implicación de sectores profesionais relacionados coa saúde.

Curso de Hixiene e Seguridade alimentaria

nesta mesma liña, o departamento de Sofía Godoy organiza unha nova edición do Curso Hixiene e Seguridade alimentaria: Manipulación de alimentos, que se celebrará o vindeiro 16 de maio na Aula Municipal de Cociña en horario de mañá e tarde, dirixido especialmente aos profesionais da hostalaría.