Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

A sobre protección paterno filial é o tema central dun ciclo de obradoiros formativos, que organizará durante o mes de abril a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense dentro do programa Escola de Nais e Pais.

A actividade é gratuíta e ofértase a centros educativos e asociacións de nais e pais, que poden solicitar a inscrición para grupos de entre 10 e 25 personas. Tamén é posible anotarse individualmente na Concellería de Sanidade, na rúa Vasco da Ponte, 1, teléfono 988 510 622. Neste caso, os participantes integraranse nalgún dos grupos xa constituídos.

En catro sesións, nais e pais terán a oportunidade de afondar en materias como a sobre protección, a auto estima e a familia, a violencia filial - parental e alimentación e saúde, da man dos psicólogos Celia Domínguez Mondrágon, Olga Paradela Puga e Ricardo Fandiño Pascual, e a nutricionista Marisol López Reyes, sempre cunha dinámica activa e participativa.

Os dous grupos xa creados desenvolveranse no Espazo Lusquiños na Avenida de Marín, de 18:30 a 20:30 horas, os días 3, 5, 19 e 24 de abril, e no Colexio Divino Maestro, de 20 a 21.30h, os días 4, 6, 20 e 25.

Aprender a afrontar e resolver problemas

A sobre protección parental traslada ao neno unha mensaxe de incompetencia que lle fai sentir inútil, medorento e incapaz de coidar de si mesmo. Aprender a afrontar e resolver problemas é un proceso que empeza a idades temperás e medra coa interacción pai/nai-fillo.

A sobre protección promove nos fillos unha incapacidade para desenvolver habilidades e actividades normais no desenvolvemento do ser humano que prexudican a autonomía é a posterior independencia necesarias para o desenvolvemento psico social.

O concepto que pais e nais teñan dos fillos inflúe na súa auto-concepción e auto estima. A sobre protección parental pode levar á diminución das expectativas da conduta do neno e a evitación ou pasividade ante situacións ameazadoras o non crer que as podan afrontar con éxito

Apoio no proceso evolutivo, educativo e de maduración dos fillos

Escola de Nais e Pais é un programa que ten como obxectivo apoiar o papel das familias no desenvolvemento integral dos nenos para introducilos na sociedade tan cambiante que nos toca vivir.

A familia segue a ser o primeiro espazo educativo para as persoas e o primeiro axente de socialización, que posteriormente é secundado pola escola. A relevancia da actuación dos pais é moi importante tendo en conta a función da socialización da familia como universo simbólico, no que o neno interioriza regras sociais e códigos que o constituirán como ser humano axudándolle a conformar a súa personalidade.

Con estes obradoiros, o que se pretende é apoiar a nais, pais, educadores no proceso evolutivo, educativo e de maduración dos seus educandos, tentando fortalecer o seu papel referencial, potenciar a educación para a autonomía e a independencia e favorecer un bo clima emocional para desenvolver unha personalidade eficaz e adecuada para unha boa adaptación social.

O terceiro módulo do programa Escola de Nais e Pais abordará os cambios que supón a adolescencia nas familias, tratando temas como as drogas, a sexualidade, Internet, a alimentación e a saúde.