Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

O albergue de animais de Ourense presenta unha nova cara logo de que o Concello finalice as obras de mellora das instalacións, que contaron cun presuposto de 60.000 euros. Os traballos foron visitados polo alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Sanidade, Sofía Godoy. Entre as súas melloras contempla 8 novas xaulas para hospitalización de animais (imprescindibles para o post-operatorio e cumprimento coas condicións hixiénico-sanitarias adecuadas), así como a substitución e adecuación de peches e portas metálicas, algo que esixe a lexislación para o benestar animal.

O Concello de Ourense incrementou no pasado ano 2016 un 43,4% as axudas destinadas a Progape. Así, a sinatura do convenio de colaboración con esta entidade fixa unha cantidade de 210.879,8 euros para os vindeiros dous anos (2017 e 2018), adicados a manter a recollida e traslado de animais cara o refuxio, así como a xestión dese recinto en Eiroás.

A estas axudas hai que lles engadir o proxecto de mellora das instalacións do albergue de animais, orzamentado en 60.100 euros e cuxos traballos acaban de ser rematados. Este proxecto, fundamentouse en 5 grandes eixos de actuación, entre os que destacan melloras como 8 novas xaulas para hospitalización de animais (imprescindibles para o post-operatorio e cumprimento coas condicións hixiénico-sanitarias adecuadas), así como a substitución e adecuación de peches e portas metálicas, algo que esixe a lexislación para o benestar animal.

O proxecto de reforma tivo os seguintes eixos:

ZONA DE CACHORROS E DE HOSPITALIZACIÓN ANIMAIS GRANDES

De xeito provisional, reconvertiuse o patio en zona de cuarentena para cachorros, con dous espazos diferenciados.

Non reúne condicións hixiénicas nin sanitarias necesarias. Por iso acometeranse reformas e adecuacións interiores co fin de alcanzar as condicións mínimas de hixiene e salubridade, para facilitar a limpeza con materiais adecuados.

A petición de Progape, ampliouse a memoria deste proxecto para crear 8 novas xaulas para hospitalización de animais grandes, imprescindibles para o post-operatorio e cumprimento coas condicións hixiénico-sanitarias adecuadas. Levarán desaugues separados para cada xaula, mediante canaleta independiente, co fin de evitar contaxios entre animais.

Total: 10.159 euros

NOVAS GATEIRAS PARA ANIMAIS NOVOS

Actualmente, existían 3 gateiras, pero ningunha para gatos xóvenes (non poden estar cos adultos e están en xaulas de dimensións reducidas, con altos índices de ansiedade)

Fíxose unha gateira de 10 metros cadrados con patio anexo para gatos xóvenes aínda non esterilizados. Os materiais serán impermeables e a gateira contará con luz e ventilación natural, así como con auga, saneamento, electricidade e iluminación.

Total: 14.000 euros

NOVAS DIVISIÓNS EN PATIOS DOS CANS

A situación actual requería a necesidade de separar cans pequenos e medianos dos animais de maior tamaño, co fin de evitar agresións. Tamén se precisan patios comúns para animais en recuperación.

Por este motivo, creáronse novas divisións con zócalo de bloque de hormigón, con canaleta de recollida de residuos. Todos os materiais serán impermeables e fácilmente lavables.

Total: 5.785,5 euros

SUBSTITUCIÓN DE PECHES/PORTAS METÁLICAS

Estes peches que abren aos patios comúns da zona oeste estaban deteriorados en gran parte, o que supoñía un risco para os animais e as persoas que alí colaboran.

Así, o proxecto contemplou a desmontaxe e substitución das mallas existentes (incluidas tamén as dos teitos), así como das portas (son 19 en total) por outras novas electrosoldadas de aceiro galvanizado, separadas do chan 3 centímetros para evitar a corrosión producida polos ouriños.

Total: 10.094,5 euros

SUBSTITUCIÓN DE PORTA A PASILLO DE SERVIZO A CANILES, PATIOS E GATEIRAS

Actualmente, os voluntarios colocaran unha valla modo de porta de paso, co fin de separar o pasillo que da aos patios comúns e caniles de cuarentena co resto do recinto. O seu uso era incómodo e pouco eficaz.

Así, o proxecto contemplou a desmontaxe do sistema improvisado por unha nova porta de paso de 2 follas abatibles de malla electroldada galvanizada.

Total: 850 euros

ORZAMENTO TOTAL

O orzamento total das obras foi de 60.100 euros

(inclúe xestión de residuos, 350 euros, e Seguridade e Saúde, 500 euros)