Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

O salón de plenos acolleu a entrega dos premios da cuarta edición do 'Desmonta o alcohol, apúntate unha idea', no que a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense convida a mocidade ourensá a reflexionar sobre a problemática do abuso do consumo de alcol a través dun concurso de ideas.

 

O concurso é unha iniciativa coa que o Concello quere fomentar a reflexión e a crítica sobre as presións para consumir alcohol, coa fin de reflexionar sobre os beneficios dunha diversión sen as consecuencias do consumo do alcohol e, por outra banda, expresar ideas de prevención de consumo de bebidas alcohólicas creativa e artísticas.

Os 17 premios entregados son os seguintes

SLOGAN

  • Mención Honorífica: Ariadna Rodríguez Ruiz (Padre Feijóo Zorelle) “Dona botella é mala parella”
  • Accésit: Antón Pousada Domínguez (A Purísima) “O alcohol cambia os pedais
  • Accésit: Saúl Barreiras Fidalgo (San José) “Sin presión, sin adicción
  • Premio Slogan: Celia Varela Losada (Divina Pastora) “¿Y tú, por qué bebes?

IMAXE

  • Mención Honorífica: Diego Lovelle Castro (Salesianos)
  • Accésit: Paula Novoa González (A Purísima)
  • Accésit: Paula Fernández Labrador (San José)
  • Premio Imaxe: Lauro Kavan Lacerda Locatelli (Padre Feijoo Zorelle)

MICRORRELATO

  • Mención Honorífica: Gema Da Rocha Casas (Padre Feijóo)
  • Accésit: Diego Lovelle Castro (Salesianos)
  • Accésit: Yaiza Franco Veiras (Divino Maestro)
  • Premio Microrrelato: Saray González Álvarez (CPI Mende)

CLIPMETRAXE

  • Mención Honorífica: Ledicia Blanco e Leandro Fernández (Padre Feijóo Zorelle)
  • Accésit: Soraya Antelo Gomes (Padre Feijóo Zorellle) “Pataquín e Patacón no Botellón”
  • Accésit: Yanelfy Lavandier (Padre Feijóo Zorelle) “Bebe as horas... sen alcohol
  • Premio Clipmetraxe Xurado: Gema Da Rocha e Carlos Cuesta (Padre Feijóo Zorelle) “As nosas ideas”
  • Premio Clipmetraxe Popular: Mafal Diallo (Cardenal Cisneros) “Esquece o alcohol e conxela os momentos”