Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Centro municipal La Molinera abrirá o xoves, 28 de setembro, o prazo de inscrición no programa de actividades formativas do Espazo Aula Cemit para o último trimestre do ano. Son oito cursos e obradoiros para persoas maiores de 16 anos, que terán a oportunidade de formarse en 3 tipos de actividades:

  • Alfabetización dixital: Internet e sinatura electrónica de documentos
  • Fabricación dixital: Corte láser, deseño e impresión 3D e programación cpn Scratch
  • Audiovisual: Fotografía móbil, 360 graos e realidade virtual; edición de vídeo e gravación dun vídeo titorial.

Todas as actividades se desenvolven en días de semana, de 9:30 a 11:30 horas, entre outubro e decembro.

As persoas interesadas poderán inscribirse desde o xoves na web www.lamolinera.net e na da Aula Cemit da Xunta