Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera acollerá un total de 16 obradoiros e actividades formativas ao longo de mes de setembro. A oferta inclúe un curso de iniciación á informática, tres obradoiros do _ESPAZO MAKER_ (sobre reciclaxe de compoñentes electrónicos, fabricación de impresoras 3D e robótica elemental), catro talleres para escolares, 4 novas sesións de xoves inspiradores, outros 4 relatorios da Escola de Organización Industrial e un encontro de redes sociais

 

O centro municipal organizará 3 obradoiros no seu ESPAZO MAKER:

  • "INTRODUCIÓN DA ECONOMÍA CIRCULAR DESDE A PERSPECTIVA DA RECICLAXE DE COMPOÑENTES ELECTRÓNICOS ". Os martes do 26 de setembro a 14 de novembro Durante 7 semanas, se procederá a la identificación de compoñentes de materiais electrónicos en desuso, recuperación, precaucións, Técnicas, _testeos_, probas dos compoñentes recuperados, catalogación, e reutilización en fabricación de robots, impresoras 3D e demais tecnoloxías da industria 4.0.
  • “TALLER DE FABRICACIÓN DE IMPRESORA 3D". Os mércores desde o 27 de setembro a 22 de novembro. Procederase á fabricación, calibración e posta en funcionamento dunha impresora 3D a partir de compoñentes auto fabricados.
  • “TALLER FABRICACIÓN DE ROBÓTICA ELEMENTAL E IOT", os xoves desde o 21 de setembro ata o 9 de novembro: robots, tipos e aplicacións partes do robot móbiles, mecánica, electrónica e comunicacións, ensamblado, axustes e programación dun robot.

 

NO ESPAZO AULA CEMIT, do 18 ao 27 de setembro desenvolverase un OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á INFORMÁTICA para facilitar ao público en xeral a oportunidade de capacitarse e adquirir uns principios básicos de achegamento que faciliten compartir información, la interoperatividade, o deseño centrado no usuario e a colaboración en Web.

 

CREATIVIDADE E EDUCACIÓN FINANCEIRA PARA NENOS E NENAS

 

No ESPAZO KIDS (para nenos e nenas de 8 a 15 anos) haberá 3 obradoiros:

  • “CREATIVIDADE APLICADA AO EMPRENDEMENTO INFANTIL E EDUCACIÓN FINANCEIRA” (do 19 de setembro a 12 de decembro, os martes). Este é un programa de creatividade aplicada á educación financeira e ao espírito emprendedor, utilizando a imaxinación para ser capaces de
    desenvolver calquera idea e poñela en funcionamento.
  • “OBRADOIRO ARQUIMAKERS III “OS MUNDOS DA AUGA A TRAVÉS DE MINECRAFT”, os mércores desde o 22 de setembro a 29 de novembro. Nenos e nenas entenderán os conceptos básicos da "auga" nos diferentes estados, na nosa contorna e usando as enormes posibilidades de Minecraft, crearán cidades dixitais, e resolverán retos de maneira colaborativa .
  • “OBRADOIRO DE PROGRAMACIÓN ORIENTADA A VIDEOXOGOS A TRAVÉS DE SCRACH“ (os xoves, desde o 21 setembro ao 30 de novembro). Fomentará as habilidades cognitivas, pensamento crítico, concentración e coñecemento das novas tecnoloxías, a través do programa SCRACH.

 

TALLER TEAM MAKERS FOR KIDS: PROGRAMACIÓN DE APP, ROBÓTICA E YOUTUBERS Os venres de setembro a novembro. Nenos e nenas aprenderán a traballar nun proxecto multidisciplinar, fomentando a creatividade en torno ás tecnoloxías e desenvolvendo as habilidades de comunicación.

O prazo de inscrición de todas estas actividades abrirase o día 12 de setembro.

 

XOVES INSPIRADORES. No marco do programa "Xoves inspiradores", o centro municipal desenvolverá un Obradoiro do informática para superheroes ao alcance de simples mortales ", os xoves pola tarde, con sesións tituladas: 'O Produto es ti: De que viven Google e Facebook', 'Ábrete sésamo: como crear contrasinais pésimas, regulares e indestrutibles' e 'Navegar como Snowden… apelidándose Garcia'.

Todas con entrada libre.

 

O programa formativo da Escola de Organización Industrial inclúe catro relatorios, para todos os público, os mércores pola tardes:

  • "Customer Development II " (6 de setembro)
  • "Contabilidad para StartUps " (13 de setembro)
  • "Pactos de socios e acordos parasociais " 20 de setembro
  • "Como construír el equipo de una StartUp " 27 de setembro

 

Finalmente o 13 de setembro terá lugar un "Meetup", de 20:00 a 21:30 h. O meetup é unha plataforma de redes sociais que permite a quen a integran reunirse na vida real a grupos unidos por un interese común.