Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Programa "Go2Work". Espazos colaborativos, un lugar onde empreder

Imaxe Espazo Coworking

O Centro de Coñecemento “La Molinera” acollerá a posta en marcha de espazos coworking a través do proxecto “Go2Work”. Trátase dunha iniciativa concebida para emprendedores que se atopen constituíndo a súa empresa ou nunha fase moi temperá da súa posta en marcha (non superior aos 6 meses da súa constitución). O Espacio coworking é froito da colaboración entre a Escola de Organización Industrial EOI e a Diputación Provincial de Ourense, que conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Energía y Turismo e a Diputación Provincial de Ourense.

¿En qué consiste?

O Concello de Ourense facilita aos novos emprendedores un apoio integral, tanto no que se refere ao espazo de traballo, como á formación específica para a posta en marcha do proxecto empresarial. Ademáis, ofrecerá o respaldo de un mentor para axudar nos primeiros pasos da empresa.

Ao longo dos cinco meses que dura o proxecto “Go2Work”, as instalación de “La Molinera” permitirán aos novos empresarios non ter que se preocupar polo espazo físico do seu proxecto. En La Molinera non terán que facer fronte a gastos importantes no inicio da empresa como o aluguer dun local, o pago da luz e auga ou da limpeza.

Espazo, formación e mentores

O Centro do Coñecemento facilita as súas instalación, que contan con rede wifi, espazos común de traballo, salas de reunión e aulas.

Por outra banda o proxecto tamén facilita aos seus beneficiarios a axuda dun mentor para validar e poner en marcha o proxecto empresarial. Tamén ofrece a colaboración de especialistas en distintos eidos importantes á hora de por en marcha unha empresa, como a comunicación, as finanzas ou as ventas.

O terceiro eixe do programa “Go2Work” consiste nunha oferta no eido de formación a través de eventos e sesión especiais de networking, a presentación de proxectos, etc.

Actividades

Desenvolveranse diferentes tipos de actividades:

Obradoiros

Asistencia de acceso libre (obrigatoria para os participantes do coworking). Axudase aos emprendedores a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha:

  • “Lean Start Up: Avaliación e validación do teu plan de negocio”; “Crowfunding”, “Estratexias de comunicación en redes sociais”, “Creatividade e innovación“, “Cómo poñer en marcha un Plan de marketing dixital”, etc.

Sesións de formación en grupo

Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e por tanto de asistencia obrigatoria para os mesmos. En elas se traballarán materias específicas para o impulso e despegue dos proxectos de espazo coworking.

  • “Finanzas para emprendedores non financeiros”; “Habilidades de Comunicación”, “Xestión do Talento nun proxecto emprendedor: deseña o teu equipo”, etc.

Sesións con expertos

Acceso por parte dos participantes do coworking a sesións con expertos centradas en acompañar aos emprendedores dende o deseño de modelo de negocio, a súa posta en marcha e optimización do proxecto, dando resposta ás necesidades que poidan aparecer no camiño.

Eventos

Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir "best practices", contando coa experiencia de outros emprendores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre. Como cerre á edición celebrarase o "Demo Day" durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.

Catro convocatorias

O programa contará con catro convocatorias sucesivas, permitirán impulsar 22 proxectos de emprendedores, e o obxectivo é fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos emprendedores.

Os emprendedores participarán no programa durante un periodo de 5 meses, durante o cal disporán 40 horas de tutoría personalizada e participarán nunha docena de actividades formativas sobre temas empresariais, algunhas delas aberta a calquera empresa local, para pechar a súa participación ca presentación pública do seu proxecto ante expertos e posibles inversores no DemoDay.

Máis información


Folleto do programa Go2Work

Estás a por en marcha unha empresa e precisas un local e orientación? O Concello pon en marcha unha iniciativa novedosa: o proxecto “Go2Work” no Centro de Coñecemento “La Molinera”.