Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

 

Un total de 20 persoas desempregadas comezaron a adestrar unha nova procura de traballo na II Lanzadeira de Emprego de Ourense, impulsada pola Fundación Santa María a Real, Fundación Telefónica e o Concello, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, dentro do programa operativo POISES.

O equipo da lanzadeira está constituído por 20 persoas desempregadas (15 mulleres e 5 homes) con idades comprendidas entre os 19 e 46 anos. Teñen diversos perfís formativos (Formación Profesional, Bacharelato ou estudos universitarios) e proceden de diferentes sectores, como administración, fontanaría, dereito, comunicación, enxeñarías, ou educación, entre outros.

Lida Enrich é a técnica que realizou o proceso de selección e a encargada de xestionar a lanzadeira durante o próximos cinco meses. Explica que é un grupo heteroxéneo, con experiencias moi variadas, co que adestrará unha procura de traballo en equipo, para que poidan mellorar a súa motivación, coñecer novas ferramentas de procura de traballo, reforzar as súas competencias transversais e multiplicar as súas oportunidades de inserción laboral.

"Están moi ilusionados. O que máis lles gustou é a posibilidade de compartir as súas experiencias e medos con outras persoas na súa mesma situación; a idea de traballar todos para todos, e de sumar esforzos para acceder ao mercado laboral", agrega Lida.

Que farán na Lanzadeira?

Durante os vindeiros cinco meses, reuniranse varios días á semana no Centro de Iniciativas Empresariais, cedido polo Concello. Levarán a cabo sesións de coaching e intelixencia emocional, dinámicas de comunicación, marca persoal e procura de emprego 2.0; adestramento de entrevistas persoais; elaboración de mapas de empleabilidad, visitas a empresas, reunións con emprendedores e procesos de intermediación laboral con responsables de Recursos Humanos.

Bos resultados

O Director de Relacións Institucionais de Fundación Telefónica, Joan Cruz, destacou que "as Lanzadeiras son un claro exemplo de como as persoas se organizan de forma solidaria cunha misión moi clara: cambiar a actitude na procura de emprego, evolucionar persoal e profesionalmente, e conseguir unha oportunidade de futuro no mercado de traballo para todos os integrantes".

Inscrición aínda aberta

A inscrición para mozos menores de 35 anos continuará aberta na web do programa www.lanzaderasdeempleo.es, por se hai persoas que seguen interesadas en participar e pasar á lista de reserva, ante posibles baixas de participantes por inserción laboral durante os dous primeiros meses.