Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Informacion Lanzadeira de Emprego

O 8 de novembro finaliza o prazo para que persoas desempregadas de Ourense poidan apuntarse á próxima Lanzadeira de Emprego que funcionará na cidade.

Logo de La Molinera

La Molinera ven de presentar novos cursos para o mes de outubro.

Logo de La Molinera

O Centro municipal La Molinera abrirá o xoves, 28 de setembro, o prazo de inscrición no programa de actividades formativas do Espazo Aula Cemit para o último trimestre do ano.

Logo da Lanzadeira de Emprego 3ª

O Concello de Ourense informa sobre a apertura do prazo de inscrición a terceira edición a Lanzadeira de Emprego de Ourense, un proxecto no que colabora coa Fundación Telefónica e a Fundación Santa María La Real. As incricións están abertas ate o 8 de novembro.

Concello de Ourense

O Concello ven de facer públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos nos obradoiros de emprego "Montealegre II" y "Ribeiras do Barbaña".

Logo de La Molinera

O Centro Municipal de Coñecemento La Molinera acollerá un total de 16 obradoiros e actividades formativas ao longo de mes de setembro. A oferta inclúe un curso de iniciación á informática, tres obradoiros do _ESPAZO MAKER_ (sobre reciclaxe de compoñentes electrónicos, fabricación de impresoras 3D e robótica elemental), catro talleres para escolares, 4 novas sesións de xoves inspiradores, outros 4 relatorios da Escola de Organización Industrial e un encontro de redes sociais

Vázquez visita o grupo de traballo no castro de San Tomé.

O Concello de Ourense ven de acadar máis dun millón de euros de fondos europeos para o desenvolvemento do proxecto “Ourense activa”, destinado a fomentar o emprego entre a mocidade ourensá. O proxecto presentado polo Concello, desde a Concellería de Promoción Económica, Recursos europeos e Formación ocupacional ven de ser seleccionado na convocatoria a nivel estatal realizada polo Ministerio de Presidencia e Administracións Territoriais.

Presentación do campamento tecnolóxico La Molinera Kids

La Molinera organiza o Campamento Tecnolóxico "La Molinera Kids" para que os nenos, nenas e adolescentes de Ourense poidan experimentar coa ciencia e a tecnoloxía de forma divertida.

Presentación da exposición

La Molinera acolleuo acto de presentación das obras gañadoras e finalistas do I Concurso “Ignacio de las Cuevas” de creatividade artística, un dos eventos cos que o Grupo Cuevas conmemora os seus 150 anos de traxectoria empresarial.

Logo de La Molinera

O Concello de Ourense e a Xunta de Galicia organizan o campamento dixital de verán para nenos “La Molinera Kids”, formando por un conxunto de obradoiros que fomentará, a través de creación dixital, a capacidade de realizar pezas artísticas e converter a nenos e nenas en creadores en troques de meros consumidores de Internet. O Universo será o tema central nesta edición, que lles proporcionará ás familias unha forma de conciliación durante as vacacións escolares de verán ao tempo que fomentará as posibilidades creativas, o traballo en equipo, a cooperación, a diversión, a solidariedade, e o espírito emprendedor.