Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

Baixo a premisa de se as novas tecnoloxías supoñen unha ameaza ou unha oportunidade, o centro de coñecemento de La Molinera acolle este sábado a xornada Ourensemakerslab2016, un foro aberto para público de todas as idades cun denominador común: a curiosidade polo emprego das novas tecnoloxías. O programa permitirá achegarse á robótica educativa e coñecer a súa necesidade e razón de ser, aprender que é a economía colaborativa (o crowfunding), aprender como manexar os Open Data para que toda a información estea dispoñible de forma libre, desvelar os misterios dos Drones e fedellar, de primeira man, coas impresoras 3D, e completarase con seis relatorios doutros tantos expertos nos diferentes temas da xornada.

A entrada é libre e de balde, pero para asistir aos obradoiros e conferencias é preciso apuntarse a través da web do evento: www.ourensemakerslab.com.

A oferta formativa da xornada completarase con máis de 30 expositores con Impresoras 3D, Robots, tecnoloxía aplicada a profesións tradicionais coma o téxtil, exhibicións a cargo do Club Aeromodelismo Ourensano e de membros do Escolab Maker Space de Celanova, momentos inspiradores, ou a presenza de novos valores da ciencia co gañador de Galiciencia 2016, entre outros.

Porén, Ourensemakerslab2016 tamén será un evento solidario que recadará un quilo de alimentos para colaborar coa “operación kilo” de Amencer a cambio dun obsequio fabricado en la Molinera.

Máis información

Información sobre programación e ponentes