Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O vindeiro 10 de decembro La Molinera convertirase nun referente de innovación e novas tecnoloxías coa convocatoria dol “Ourensemakerslab2016”. Trátase dunha cita con primeiras figuras nol mundo “maker” en España, para dar a coñecer aos ourensáns as novidades en temas como a impresión 3D, robótica, pensamento creativo e drones, entre outros temas.


A programación deste evento proporá actividades para personas de todas as idades, dende nenos que aprenden a programar e realizar vídeos en youtube até personas maiores que aprenden a usar o móbil.


Durante a presentación deste evento, o alcalde Jesús Vázquez confirmou que con “Ourensemakerslab2016 a capital quere “posicionarse a nivel autonómico e nacional coma punto de encontro da Cultura Maker, a Economía Colaborativa e Open Source”.


“Uniremos a nenos e adultos en torno á creatividade. Faremos 6 talleres ‘Hola Mundo’, nos que os nenos ensiñarán a os seus pais a achegarse ao mundo dixital”, dixo o alcalde.


Ademáis, Vázquez insistiu en que esta xornada tamén servirá para “fabricar” o Reto Clonewars e “experimentar” con máis de 30 expositores makers “a sensación de crear para pensar en clave Open Source”.

Máis información

Enlace á web de Ourensemakerslab