Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

La Molinera organiza o Campamento Tecnolóxico "La Molinera Kids" para que os nenos, nenas e adolescentes de Ourense poidan experimentar coa ciencia e a tecnoloxía de forma divertida. Cada mañá, de luns a venres en horario de 9:30 a 14:00 horas, os nenos, nenas e adolescentes gozarán aprendendo e coñecendo novas ferramentas que lles dotarán de habilidades para desenvolver os seus propios proxectos na área da robótica, programación de videoxogos, drons, hologramas, Cinema 3D ou Minecraft. Os participantes recibiron hoxe a visita do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e do concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar.

Os tres obxectivos principais deste campamento, a cuxa primeira xornada acudiron o 26 de xuño o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, son: traballar coa tecnoloxía coma unha materia multidisciplinar, na que os alumnos non só adquiren coñecementos en tecnoloxía e ciencia, senón que tamén desenvolven habilidades creativas e sociais; se unha ferramenta educativa, que o campamento sexa unha aprendizaxe baseada na resolución de problemas aplicado a proxectos reais nos que alumnos e alumnas deberán poñerse na pel dun enxeñeiro disposto a crear unha ferramenta ou a resolver un problema; coa aprendizaxe de materias como a programación, a robótica, o mundo 3D... búscase a motivación polo deseño e a construción de creacións propias.

Nesta edición, o Campamento conta con interesantes novidades na área da Robótica Educativa, con novos materiais e talleres innovadores en formación sobre Tecnoloxía Educativa, así como Drons ou o emprego da realidade aumentada e virtual. Así, o concelleiro Jorge Pumar salienta que “este campamento é unha clara aposta pola formación dos máis novos, porque é o mellor investimento e o noso futuro".