Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Promoción Económica, Industria e Emprego

Áreas

O centro de coñecemento La Molinera abre o prazo de inscrición -gratuíto- para un obradoiro dedicado á arte, Re-creando. Desenvolverase todos os venres durante os tres vindeiros meses en horario de 16:00 a 18:00 horas, e a primeira sesión será, precisamente, este mesmo 21 de abril.

Está dirixido á mocidade entre 10 e 16 anos, e suporá un proceso de retroalimentación cultural: preténdese unir a arte e a tecnoloxía e ser unha vía de comunicación entre a cidadanía, as institucións culturais e os diferentes artistas plásticos, principalmente pintores ourensáns e galegos, a través da creación dun banco de imaxes.

A dinámica permitirá que os participantes no obradoiro interpreten os artistas plásticos ourensáns que estivesen ou estean expostos no Museo Municipal, co obxecto de achegar ditos artistas á cidadanía, mentres esta pode adquirir unha serie de destrezas baseadas nas novas tecnoloxías, concretamente nos programas de deseño e traballo con imaxe.

Obxectivos

Os obxectivos do Re-creando son os seguintes:

  • Incentivar a colaboración social a través dun intercambio de coñecemento mutuo.
  • Difundir a cultura e iconografía plástica galega e ourensá e achegala á cidadanía.
  • Dar a coñecer os fondos e dinámicas de traballo do Museo Municipal aos ourensáns.
  • Crear un banco de imaxes das obras dos artistas interpretadas polos participantes.
  • Humanizar e achegar as institucións culturais e as novas tecnoloxías.
  • Facilitar o coñecemento e uso de programas informáticos de deseño e imaxe aos usuarios.

Está aberto o prazo de inscrición, a través da páxina web www.lamolinera.net, até o día de comezo do Re-Creando ou ata que se cubran as prazas.