Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

A Comisión de Suxestións e Reclamacións é un órgano para a defensa dos dereitos dos veciños ante a administración municipal. O Concello Pleno creará a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, integrada por representantes de tódolos grupos, de forma proporcional a súa presenza no mesmo. 

A determinación do número de membros, designación, comunicación e efectiva constitución responderá ás mesmas regras que as Comisións Delegadas do Pleno.

A presidencia da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións corresponde ó alcalde, quen poderá delegala nun concelleiro ou órgano directivo. Será secretario da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións o Secretario Xeral do Pleno e as súas Comisións.

A existencia da Comisión será compatible coa de outras institucións ou figuras que teñan como misión a defensa dos veciños.

Obxectivos da comisión:

  • Corresponde á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións defender os dereitos dos veciños nas súas relacións coa administración municipal; supervisar a actuación desta, propoñendo accións de mellora e ditaminar as queixas que de dirixan os veciños de conformidade co disposto no regulamento deste órgano.
  • Recoñécenselle á comisión poderes para ordenar e facer cumprir a través do seu presidente, investigacións sobre o funcionamento dos servizos; inspeccións das distintas unidades administrativas; así como requirir a comparecencia de calquera persoa pertencente ó colectivo da administración municipal que puidera dar información relacionada có asunto a investigar.
  • Tódolos órganos de goberno e da administración municipal están obrigados a colaborar coa Comisión de Suxestións e Reclamacións.
  • No exercicio das súas funcións, a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións aprobará e difundirá as recomendacións ou suxestións pertinentes, se ben non poderá modificar nin anular resolucións ou actos administrativos

Informe anual da Comisión

A Comisión de Suxestións e Reclamacións dará conta anualmente ao Pleno do Concello da xestión realizada nun informe que presentará perante o mesmo.

  • Neste informe anual dará conta do número e tipoloxía das suxestións e reclamacións dirixidas á administración municipal, das queixas presentadas, así como das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais, con exposición das suxestións ou recomendacións non admitidas pola administración municipal.
  • igualmente poderá avaliar o grao de cumprimento dos compromisos asumidos polo Concello en cartas de servizos ou de outros sistemas, así como formular recomendacións xerais para a mellora dos servizos públicos e a atención ó cidadán.
  • No informe anual nunca constarán os datos persoais dos implicados.
  • O presidente da Comisión exporá un resumo do informe ante o Concello Pleno, podendo intervir os grupos municipais a efectos de fixar a súa posición.
  • O informe será publicado.

A comisión poderá realizar informes extraordinarios cando a gravidade ou a urxencia dos feitos o aconselle.

Quén pode solicitar a súa actuación?

  • Tódolos cidadáns teñen dereito a presentar suxestións e reclamacións á Administración Municipal. Presentaránse no Rexistro Xeral, sendo recepcionadas e tramitadas pola oficina de Participación Cidadá. Esta remitirá mensualmente un listado de reclamacións ou suxestións á comisión, especificando o servizo afectado, trámites realizados e solucións adoptadas.
  • Cando un cidadán, transcorridos tres meses dende a presentación da suxestión ou reclamación non reciba contestación algunha ou cando a contestación non resultara satisfactoria, poderá dirixirse en queixa á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.
  • A comisión estudará as queixas procedentes, adoptando as medidas pertinentes. En todo caso informaráse das súas actuacións ó interesado no prazo máximo de tres meses dende a súa recepción.

Documentación

Formulario para a Comisión especial de suxestións e reclamacións

Máis información