Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

A Concellería de Participación Cidadá pon en marcha actividades nas diferentes asociacións de veciños da cidade co ánimo de fomentar a interrelación entre os veciños dos distintos barrios de Ourense nos meses de verán. Manualidades, novas tecnoloxías, artesanía e natureza e corpo e saúde son os catro grandes bloques temáticos desta iniciativa. Dirixida aos socios das diferentes asociacións de veciños da cidade, o prazo de inscrición pechará 5 días antes do comezo de cada actividade.

Os cursos realizaranse sempre e cando se acade un mínimo de 10 persoas para cada obradoiro, e os menores de idade deberán ir acompañados de adultos. A primeira das actividades, Poda, terá lugar durante todo o mes de xuño no local da AVV As Burgas para trasladarse, xa no mes de setembro, á AVV Cabeza de Vaca.

A oferta de cursos é a que segue: Decaupage e Scrapbooking (Manualidades); Manexo de dispositivos Móbiles (Novas tecnoloxías); Doces e decoración de cupcakes, Leites Vexetais, Cosmética natural, Xabóns artesanais, Creación de velas e Poda (Artesanía e Natureza); Baile de verbena, Ioga en familia e Pilates (Corpo e saíde).

Convocatoria aberta para as propostas de 2018

Por outra banda, a Concellería de Participación Cidadá vén de abrir a convocatoria para a selección de proxectos de accións formativas e participativas do Verán Participativo 2018. Poderán presentar proxectos as persoas físicas e xurídicas que ostenten plena capacidade de obrar, capacitación técnica e habilitación profesional, e que non estean nalgunha causa de exclusión ou prohibición para contratar coas administracións públicas.

Máis información

Folleto do Verán Participativo 2017 (pdf)

Enlace para consultar as bases dos proxectos (pdf)

O prazo para presentalos é o 7 de xullo de