Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

O Concello de Ourense avanza nos pasos do MÓVETE POR OURENSE, o proceso de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade que procura a pacificación do tráfico e integración da bici no zona urbana de Ourense, e abre desde o 12 de xuño a convocatoria pública para que a cidadanía conforme o seu grupo motor. Até o 25 de xuño poderase enviar o formulario de inscrición do grupo motor que aparece na web municipal. [Enlace]

O grupo motor, tal e como se expuxo nas diferentes charlas que se impartiron nos centros cívicos da cidade e na propia sala Valente, é un grupo de traballo que estará integrado por un máximo de 40 persoas. Integrado por representantes de asociacións e por cidadáns particulares, reuniranse periodicamente para traballar ao redor dun calendario de actividades e talleres, pero tamén para definir os recursos materiais, económicos e humanos para o desenvolvemento dos mesmos.

Unha vez recibidas todas as solicitudesa comisión técnica encargarase da selección e constitución do grupo motor. A selección atenderá aos seguintes criterios:

  • representación plural da sociedade, seleccionando os que teñen potestade, os que teñen interese, os que se verán afectados, os que poden influír na posta en marcha e os que poden achegar recursos ou favorecer o seu desenvolvemento.
  • representación equilibrada de sexos e das distintas franxas de idade.

 

COMO APUNTARSE

Unha vez cumprimentadas as fichas de adhesión:

Hai que envialos por correo electrónico ao enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou presentalos nas oficinas de Urba+ (Rúa do Paseo nº 26, 1º A, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 horas).