Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Participación cidadá

Áreas

Logo de Móvete por Ourense

O Concello de Ourense avanza nos pasos do MÓVETE POR OURENSE, o proceso de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade que procura a pacificación do tráfico e integración da bici no zona urbana de Ourense, e abre desde o 12 de xuño a convocatoria pública para que a cidadanía conforme o seu grupo motor. Até o 25 de xuño poderase enviar o formulario de inscrición do grupo motor que aparece na web municipal.

Verán Participativo 2017

A Concellería de Participación Cidadá pon en marcha actividades nas diferentes asociacións de veciños da cidade co ánimo de fomentar a interrelación entre os veciños dos distintos barrios de Ourense nos meses de verán. Manualidades, novas tecnoloxías, artesanía e natureza e corpo e saúde son os catro grandes bloques temáticos desta iniciativa. Dirixida aos socios das diferentes asociacións de veciños da cidade, o prazo de inscrición pechará 5 días antes do comezo de cada actividade.

Web de Participación Ciudadana

O Concello de Ourense ven de aprobar a convocatoria para a selección de proxectos formativo-participativos para Participación Cidadá para o ano 2018.

A Comisión de Suxestións e Reclamacións é un órgano para a defensa dos dereitos dos veciños ante a administración municipal. O Concello Pleno creará a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, integrada por representantes de tódolos grupos, de forma proporcional a súa presenza no mesmo. 

A determinación do número de membros, designación, comunicación e efectiva constitución responderá ás mesmas regras que as Comisións Delegadas do Pleno.

A presidencia da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións corresponde ó alcalde, quen poderá delegala nun concelleiro ou órgano directivo. Será secretario da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións o Secretario Xeral do Pleno e as súas Comisións.

A existencia da Comisión será compatible coa de outras institucións ou figuras que teñan como misión a defensa dos veciños.

Obxectivos da comisión:

  • Corresponde á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións defender os dereitos dos veciños nas súas relacións coa administración municipal; supervisar a actuación desta, propoñendo accións de mellora e ditaminar as queixas que de dirixan os veciños de conformidade co disposto no regulamento deste órgano.
  • Recoñécenselle á comisión poderes para ordenar e facer cumprir a través do seu presidente, investigacións sobre o funcionamento dos servizos; inspeccións das distintas unidades administrativas; así como requirir a comparecencia de calquera persoa pertencente ó colectivo da administración municipal que puidera dar información relacionada có asunto a investigar.
  • Tódolos órganos de goberno e da administración municipal están obrigados a colaborar coa Comisión de Suxestións e Reclamacións.
  • No exercicio das súas funcións, a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións aprobará e difundirá as recomendacións ou suxestións pertinentes, se ben non poderá modificar nin anular resolucións ou actos administrativos

Informe anual da Comisión

A Comisión de Suxestións e Reclamacións dará conta anualmente ao Pleno do Concello da xestión realizada nun informe que presentará perante o mesmo.

  • Neste informe anual dará conta do número e tipoloxía das suxestións e reclamacións dirixidas á administración municipal, das queixas presentadas, así como das deficiencias observadas no funcionamento dos servizos municipais, con exposición das suxestións ou recomendacións non admitidas pola administración municipal.
  • igualmente poderá avaliar o grao de cumprimento dos compromisos asumidos polo Concello en cartas de servizos ou de outros sistemas, así como formular recomendacións xerais para a mellora dos servizos públicos e a atención ó cidadán.
  • No informe anual nunca constarán os datos persoais dos implicados.
  • O presidente da Comisión exporá un resumo do informe ante o Concello Pleno, podendo intervir os grupos municipais a efectos de fixar a súa posición.
  • O informe será publicado.

A comisión poderá realizar informes extraordinarios cando a gravidade ou a urxencia dos feitos o aconselle.

Quén pode solicitar a súa actuación?

  • Tódolos cidadáns teñen dereito a presentar suxestións e reclamacións á Administración Municipal. Presentaránse no Rexistro Xeral, sendo recepcionadas e tramitadas pola oficina de Participación Cidadá. Esta remitirá mensualmente un listado de reclamacións ou suxestións á comisión, especificando o servizo afectado, trámites realizados e solucións adoptadas.
  • Cando un cidadán, transcorridos tres meses dende a presentación da suxestión ou reclamación non reciba contestación algunha ou cando a contestación non resultara satisfactoria, poderá dirixirse en queixa á Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.
  • A comisión estudará as queixas procedentes, adoptando as medidas pertinentes. En todo caso informaráse das súas actuacións ó interesado no prazo máximo de tres meses dende a súa recepción.

Documentación

Formulario para a Comisión especial de suxestións e reclamacións

Máis información

As entidades cidadás con domicilio social no municipio de Ourense, que estean acreditadas ante Concello de Ourense como asociacións, federacións, confederacións ou unións de asociacións de base, pódense inscribir no Rexistro de Entidades sempre que cumpran os seguintes requerimentos:

  1. Ser entidades de carácter asociativo, sen ánimo de lucro, constituídas consonte ao Réxime Xeral de Asociacións.
  2. Ter a sede no municipio de Ourense.
  3. Ser como finalidade fundamental, (en acordo dos seus estatutos): a defensa, o fomento, a representación e promoción dos intereses xerais ou sectoriais da cidadanía e a mellora da súa calidade de vida.
  4. Que veñan realizando programas e actividades que redunden en beneficio dos cidadáns de Ourense (será necesario entregar na solicitude unha declaración xurada, asegurando o cumprimento dos apartados c e d).

Cómo rexistrar unha asociación?

Solicitarán a súa inscrición no modelo normalizado, dirixido á Concellaría responsable dos servizos de Participación Cidadá indicando quen será a responsabel da resolución dos expedientes de solicitude de rexistro.

Recursos dispoñibles para descarga:

Instancia de alta no Rexistro de entidades cidadás(.pdf)
Terá lugar no prazo de 3 meses, que se contarán a partir da data en que tivese entrada a solicitude de inscrición no rexistro que corresponda.

Onde tramitar a solicitude?

Registro Xeral do Concello

Plaza Mayor nº 1, Bajo. Concello de Ourense.

Oficina Municipal de A Ponte

Avda. de Santiago nº 7, Bajo. A Ponte


Qué documentación se precisa?

  1. Estatutos da entidade, onde se exprese a súa denominación, ámbito territorial de actuación, domicilio social, as súas finalidades e actividades, patrimonio inicial, recursos económicos dos que poderá facer uso, criterios que garantan o funcionamento democrático da entidade e todos aqueles extremos que se especifiquen na súa normativa reguladora tanto do Estado como da Comunidade Autónoma.
  2. Acreditación de rexistro público. Documento público acreditativo da INSCRICIÓN e número da mesma no rexistro de asociacións nacional ou autonómico.
  3. Cargos directivos: Nome e DNI das persoas que forma a directiva.
  4. Domicilio Social da entidade, teléfono, fax, páxina web, correo electrónico, e outras formas de contato.
  5. Orzamento do ano en curso.
  6. Programa de actividades a desenvolver no ano.
  7. Persoas asociadas. Certificación acreditativa do número de persoas asociadas con alta formal, e cos pagamentos correspondentes ao día.

Máis información