Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, presentaron o 26 de decembro unha nova campaña de concienciación que se leva a cabo coa empresa Ecourense, concesionaria do servizo de limpeza, na que se quere concienciar sobre os danos que provocan as cabichas no chan para o medio ambiente. “A limpeza e a salubridade dunha cidade é a suma dunha infinidade de accións e decisións individuais, das que todos e todas nós, en canto veciñanza, somos responsables”, sinalaba o rexedor durante a presentación. .

“Reducir, reciclar, separar, xestionar axeitadamente os residuos do fogar, son accións concretas que temos nas nosas mans cada día”, dixo Vázquez Abad. “Coido que é algo que fumadores e fumadoras fan en moitas ocasións, porque non son conscientes do dano que as cabichas ocasionan ao medio ambiente”.

Unha cabicha tarda entre 5 e 10 anos en degradarse, e contamina ata 50 litros de auga, sen esquecernos de que máis da metade dos incendios forestais son causados por cabichas prendidas. “Por ese motivo, desde o Concello e Ecourense queremos pedirlles ás persoas fumadoras que non tiren as cabichas ao chan: Que as tiren ao lixo”, sinalaba o concelleiro Araújo.

Percorrido das recollidas

Equipos de monitores percorrerán as rúas da cidade, como fixera anteriormente a Concellería de Voluntariado, pero vestidos de NEGRO. Portarán imaxes da campaña e agasallarán porta-cabichas a fumadores e fumadoras, tentando concienciar e implicar na solución desta problemática.

Desde o 26 de nadal até o 30 de decembro, estes recolle-cabichas de negro percorrerán, de 12:00 a 2 e de 6 e media a 8 e media, o centro histórico (día 26), o barrio de O Couto (27), o barrio da Ponte e San Francisco (28), Xardín do Posío – Mariñamansa - Hospital (29) e Parque de San Lázaro e, de novo, o Centro Histórico o día 30.