Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense vén de adxudicar, nun sorteo celebrado no salón de plenos, os 35 hortos municipais de Montealegre e de Mariñamansa. Tal e como sinala a ordenanza reguladora, trátase de facilitar a intervención dos cidadáns no desenvolvemento sustentable, favorecendo a integración e coexistencia das culturas propias do campo e da cidade.

Ao sorteo presentáronse un total de 54 solicitudes, e entre elas tan só unha para persoas con mobilidade reducida -hai sete hortos con esas características-, que foi adxudicado na parcela de Mariñamansa. O resto das parcelas quedaron como segue: 28 hortos adxudicados en Montealegre e 7 en Mariñamansa, un deles adaptado a persoas con mobilidade reducida.

A autorización, segundo rezan as bases, terá unha duración de dous anos a contar desde a adxudicación, e poderá prorrogarse, de mutuo acordo e antes do seu vencemento, por dous períodos sucesivos dun ano cada un. A prórroga non poderá producirse de forma tácita nin ter unha duración superior aos 4 anos incluído os 2 anos orixinais.

O programa de hortos municipais quere fomentar “accións que repercuten no benestar das persoas, mediante a ocupación do lecer, a mellora na sanidade alimentaria e a protección do medio ambiente”, en palabras do concelleiro da área de Medio Ambiente, José Araújo.

Máis informacion sobre os hortos municipais