Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu a entrega dos premios da acción encamiñada a promover a reciclaxe de vidro entre os máis de 200 locais de hostalería da zona centro e centro histórico de Ourense. O acto estivo presidido polo Alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e José Araújo, Concelleiro da área de Infraestruturas e Medio Ambiente, e contou coa presenza de María Cruz Ferreira, Directora Xeral de Calidade Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e de Germán Fernández, Xerente de Ecovidrio en Galicia.

A campaña, organizada por Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro que se encarga da xestión da reciclaxe de residuos de envases de vidro en España, en colaboración co Concello de Ourense e a Consellería de Medio Ambiente, levouse a cabo na zona centro e centro histórico, paralela ao comezo do novo servizo de recolleita Porta a Porta de vidro dirixido aos establecementos hostaleiros da cidade.

O alcalde, Jesús Vázquez, agradeceu a todos os participantes “polo seu compromiso e as horas de traballo adicadas a reciclar, o que redunda en beneficios para toda a colectividade” e animounos a seguir pola mesma liña, co fin de construir entre todos “unha cidade máis sostible e comprometida coa reciclaxe e o Medio Ambiente”.

Así, desde finais do mes de decembro e coincidindo co inicio do novo servizo, Ecovidrio puxo en marcha unha acción de seguimento da recollida onde monitores ambientais contratados por esta entidade visitaron persoalmente de maneira mensual a todos os locais adheridos ao programa para coñecer de primeira man as impresións dos hostaleiros ante o novo sistema de recollida, resolver dúbidas en canto á súa utilización e comprobar que se estivese utilizando o servizo.

Aqueles hostaleiros que demostraron unha participación activa na campaña entraban automaticamente nun sorteo mensual ante notario onde 2 locais resultaban premiados cun fin de semana en Sanxenxo nun hotel con Spa. Agora, e tras tres meses de sorteo, 6 establecementos ourensáns foron premiados cunha estancia para dúas persoas no Gran Talaso Hotel de Sanxenxo: Café Mejicana e Tapería Bimba (xaneiro), Tamarindo e Pub Keops (febreiro), Bar Cortés e cafetería Gaimola (marzo).

Os datos obtidos durante este período inicial resultan extraordinarios e dá conta do éxito da iniciativa levada a cabo conxuntamente entre o Concello, a Consellería de Medio Ambiente e Ecovidrio. Conseguíronse recoller, nos máis de 280 cubos repartidos previamente aos hostaleiros, un total de 138.340 kg de envases de vidro que desta forma poderanse reciclar. A recolleita porta a porta na zona centro e centro histórico leva a cabo actualmente de luns a sábado en diferentes horarios do día en función do tipo de actividade do local hostaleiro e a solicitude de cada establecemento en cuestión.

Datos de reciclaxe de vidro en Ourense

Segundo os últimos datos dispoñibles, os cidadáns ourensáns reciclaron un total de 1.042.220 quilogramos de envases de vidro en 2016, o que equivale a unha media de case 10 kg de vidro por habitante. Isto supón que cada ourensán reciclou 38 envases de vidro por persoa.

Respecto da taxa de contenerización, Ourense sitúase cunha media de 250 habitantes por colector contando na actualidade cun total de 423 colectores para os residuos de envases de vidro instalados neste municipio.

Beneficios para o medio ambiente

Ecovidrio garante que o 100% do vidro que se recupera tanto nos colectores como mediante o servizo de recolleita porta a porta é reciclado para fabricar novos envases de vidro e lograr múltiples beneficios para o medio ambiente e a sociedade.

Cun xesto tan sinxelo como o de separar as botellas, botellos, tarros e frascos usados para depositalos despois nos colectores, redúcese o consumo de enerxía, afórranse materias primas e diminúense os vertedoiros e a contaminación do aire.

Os colectores de vidro situados nas rúas serven para recoller unicamente os envases de vidro: botellas, botellos, tarros e frascos que se consomen nos fogares e no sector da hostalería, a restauración e o catering. Hai outros materiais como a cerámica ou outros tipos de vidro (pratos, vasos, cristais de xanelas, etc.), que ao ter unha composición distinta á do vidro dos envases, deben ser depositados nos puntos limpos dos pobos e cidades.