Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica o 10 de marzo unha nova convocatoria para optar ós hortos municipais do Parque de Montealegre e Mariñamansa. O prazo de solicitude é de 20 días dende a súa publicación.

 Obxecto da autorización:

  1. Descrición: outorgamento de autorización para uso dos hortos municipais de Montealegre e Mariñamansa.
  2.  Prazo de duración: 2 anos prorrogables por ata outros dous


Tramitación e procedemento:

  1. Tramitación: ordinaria.
  2. Procedemento: pódese presentar calquera persoa que cumpra os requisitos das bases
  3. Criterios de outorgamento: Sorteo

Presentación de solicitudes:

  1. Data límite de presentación: 20 días hábiles, a contar dende o seguinte á data de publicación do anuncio no BOP. Taboleiro de Edictos ou Web municipal.
  2. Modalidade de presentación: a que se sinala nas bases.
  3. Lugar de presentación: 1.- Dependencia: rexistro xeral, con domicilio na praza Maior, núm. 1. Ourense 32005
  4. Dirección electrónica 


Data e lugar de realización do sorteo:

Anunciarase no taboleiro de edictos e na web municipal (www.ourense.gal)

 

Máis información: