Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá o sorteo público dos hortos municipais de Montealegre e Mariñamansa. Un total de 33 veciños e veciñas da cidade obtiveron así a autorización para utilizar estes hortos durante un período de 2 anos. A adxudicación é resultado dun procedemento aberto convocado polo Concello este verán, no que tiveron a oportunidade de presentar solicitudes todas as persoas que quixeron, cun límite de autorización dun horto por unidade familiar.

Co uso dos hortos municipais o Concello pretende fomentar accións que repercutan no benestar das persoas, mediante a ocupación do seu tempo de lecer, a mellora da sanidade alimentaria e a protección do medio ambiente.

Tralo sorteo realizado esta mañá, a adxudicación dos hortos será presentada a aprobación por parte da Xunta de Goberno Local e se comunicará aos anteriores adxudicatarios o deber de entregar as chaves dos hortos, xa que rematou a concesión, para poñelos a disposición dos novos usuarios. Un proceso que rematará entre os meses de decembro e xaneiro.

Estaban incluídos nesta convocatoria 46 hortos en Montealegre e 18 en Mariñamansa. Os que quedaron vacantes serán incluidos nunha nova convocatoria, que o Concello realizará proximamente