Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Iniciativas novidosas e pioneiras sirven non só para a posta en valor dos recursos propios da cidade, como é o caso do Botánico de Montealegre, senón para proxectar a Ourense como unha cidade aberta e chea de oportunidades.

Esta reflexión é o que subxace da iniciativa que se presentou no salón de plenos: a exposición de Camelias que encherá de vida e de cor o parque de Montealegre a fin de semana do 4 e 5 de febreiro.

Máis dun millar de especies desta flor, tan representativa dos xardíns galegos, farán as delicias daqueles que gostan do cromatismo, o aroma e a viveza das camelias. “Porque as flores son tendencia, e hai ata un sector turístico en auxe onde os “bloomies”, ou afeccionados á arte floral que nos regala a Natureza, elixen destinos turísticos para disfrutar da eclosión destas xoias naturais”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez.

Ourense non ía ser menos e por eso a próxima fin de semana inaugurarase esta exposición que por vez primeira recala na cidade. O Botánico de Montealegre acollerá esta mostra desde as 12 da mañá e estará dipoñible ata as 18 horas do domingo 5 de febreiro. Unha oportunidade única para coñecer un chisco máis da enorme riqueza que ten Ourense, tamén no campo da botánica.

Jesús Vázquez agradeceu expresamente á Asociación Ibérica da Camelia, personalizado no seu presidente, José María Mouta Asorey, e no seu presidente de honra, Fernando Vila -ambos presentes na rolda de prensa- “o seu esforzo e traballo constante pola divulgación e protección desta flor tan nosa. Os visitantes a esta exposición poderán coñecer os segredos e os mellores coidados para que as camelias de Ourense sigan lucindo como nunca”.

“Sen dúbida, un plan perfecto o da próxima fin de semana, co Montealegre como anfitrión de excepción para unha exposición singular, nunca antes vista en Ourense, e moi recomendable”, concluiu o alcalde da cidade.