Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

Ante a alerta por seca activada o dia 5 de outubro pola Confederación Hidrográfica Miño Sil e que afecta ó Concello de Ourense, a Concellería de Infraestruturas e Medio Ambiente en colaboración coa empresa Concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento, Viaqua, poñen en marcha una serie de actuacións con carácter inmediato para evitar futuras restricións na subministración de auga na cidade.

As medidas, presentadas no salón de plenos, pretenden optimizar o consumo reducindo “2.500 litros diarios, a medida dunha piscina olímpica, no consumo municipal”, en palabras do concelleiro José Araújo, pero tamén concienciar os particulares de que, “malia que en Galicia estamos moi afeitos a que nos sobre auga, cada medida axuda a non derrochar”, segundo Ana Tejeiro, directora territorial de Viaqua.

Ourense, que ten asegurado o subministro para consumo na cidade, consume diariamente uns 25.000 m³, dos que 7.500 vanse en regos, baldeos e fontes ornamentais: en torno a un 15% do consumo total da cidade. As medidas que adoptará o Concello reducirán uns 2.500 m³ diarios a través destas medidas:

  1. Suprimiranse os consumos en continuo nas fontes ornamentais.
  2. Reduciranse os horarios de rego de xardíns municipais, que se farán en días alternos, e evitaranse facer durante o día.
  3. Reduciranse os baldeos para limpeza de rúas, limitando o consumo de auga para este fin.

Redución nocturna da presión de auga. Ademais, Viaqua levará a cabo unha redución sectorial na presión nocturna nalgunhas zonas concretas con redutoras electrónicas de presión. Desta forma, segundo garantía Francisco Bretal, responsable de Operacións de Viaqua, “a cidadanía non notará a redución da presión, que se exercerá entre as 01:00 e 06:00 horas da mañá”, ao tempo que se reduce o nivel de auga bombeada.

Pola parte da empresa concesionaria, divulgarase o folleto informativo “10 razóns para aforrar auga”, que se repartirá entre asociacións veciñais, nos centros educativos e na praza de abastos. Preténdese dar a coñecer unha serie de medidas que deberían formar parte da vida cotiá e cos que cada persoa a nivel individual colabora na sustentabilidade do recurso:

  • Pechar a billa cando se lavan os dentes. Utilizar un vaso.
  • Ducharse en lugar de bañarse.
  • Utilizar a cisterna cando sexa necesario e utilizar sistema que reduzan a auga contida na mesma.
  • Só utilizar lavadora e lava louzas cando estea cheo e con programas de baixo consumo de auga.
  • Non deixar a billa aberta para que arrefríe a auga. Utilizar a neveira para arrefriar.
  • Reparara os goteos de billas e duchas.
  • Utilizar difusores ou medios similares de aforro de auga.
  • Nas piscinas, evitar que se evapore a auga con lonas.
  • Non regar durante o día e cando se faga con sistemas por goteo.
  • Non baldear para limpezas nin utilizar mangueiras para lavado de vehículos.