Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Medio Ambiente

Áreas

O Concello de Ourense abre convocatoria para que as persoas interesadas podan solicitar a autorización de uso de hortos municipais. Publicada no Boletín Oficial da Provincia do pasado luns, inclúe un total de 36 hortos situados no Parque de Montealegre e Mariñamansa. O prazo para solicitalos, a través do Rexistro Xeral do Concello, está aberto ata o venres, día 7 de abril.

As autorizacións de uso serán por un período de 2 anos, prorrogables por ata outros 2, e adxudicaranse por sorteo público.

A convocatoria inclúe 29 hortos en Montealegre, dos que 5 están destinados a persoas con mobilidade reducida, e 7 en Mariñamansa, dos que 2 están reservados para persoas con mobilidade reducida.

Segundo a ordenanza municipal reguladora dos hortos municipais, este é un proxecto que ten como finalidade facilitar a intervención da cidadanía no desenvolvemento sostible, favorecer a integración e coexistencia das culturas propias do campo e a cidade. Foméntanse accións que repercuten no benestar das persoas, mediante a ocupación do lecer, a mellora na sanidade alimentaria e a protección do medio ambiente.

Na actualidade, un total de 33 veciños e veciñas da cidade utilizan os hortos municipais de Montealegre e Mariñamansa. Foron os adxudicatarios do seu uso a través dun procedemento aberto que se desenvolveu desde o verán pasado, cando se realizou unha convocatoria e abriu o prazo de presentación de solicitudes. O día 21 de novembro realizouse un sorteo público, no que se adxudicaron os hortos, por un prazo de 2 anos. Os hortos que quedaron vacantes entran nesta nova convocatoria, que esta semana se abre.