Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Limpeza Viaria

Áreas

Información sobre o Punto Limpo Móbil:

O Punto Limpo Móbil, é unha das mellorar incluidas no novo Servizo de Xestión de Residuos e Limpeza de Ourense. O Punto Limpo Móbil caracterízase pola súa versatilidade en admitir unha amplia gama de residuos nos seus diferentes compartiments, feito que permite ser unha excelente ferramenta nos núcleos urbanos.

Coa posta en marcha do Punto Limpo móbil o Concello de Ourense pon ao alcance da cidadanía unha iniciativa que permite reciclar todos os pequenos residuos xerados no fogar que non sabemos como eliminar, sen necesidade de desplazarse a un punto limpo fixo.

Podemos levar ao punto limpo móbil aqueles pequenos residuos domésticos:

  • Aparellos eléctricos e electrónicos
  • Pilas
  • Mobles e residuos voluminosos domésticos
  • Papel e cartón
  • Radiografías
  • Restos de Pintura, tintas e disolventes
  • Aerosois
  • Lámpadas e tubos fluorescentes
  • Vidro plano
  • Aceite usado de automoción
  • Roupa e calzado
  • Madeiras
  • Metais
  • Aceite usado vexetal

Localizacións do punto limpo móbil (pdf)


Máis información sobre este servizo:

Ecourense UTE, a empresa concesionaria do Servizo de Limpeza Viaria, Recollida e Transporte de Residuos Sólidos Urbanos no Concello de Ourense, encargase de xestionar os Puntos Limpos no Concello, así como da recollida de residuos domésticos. Os seús datos de contacto son: