Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

 

Que é o Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes?

No marco da configuración territorial dunha política integral de igualdade considérase fundamental o papel a xogar polos concellos, por ser o nivel da Administración máis achegado a cidadanía, aos seus intereses e necesidades. Por todo iso representa o contexto máis axeitado para artellar a posta en marcha e funcionamento do Consello Municipal da Igualdade entre Mulleres e Homes, que garanta a participación e a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía e, en especial, das mulleres ourensás. Este Consello constitúese como órgano de participación, asesoramento, consulta, seguimento e canalización da problemática e da vida cidadá das mulleres, así como da igualdade de oportunidades entre ambos os sexos.

Obxectivos prioritarios

  • Defender os dereitos das mulleres velando polo cumprimento das disposicións legais e previndo as posibles discriminacións que se poidan producir en calquera dos eidos de actuación.
  • Fomentar a concienciación das mulleres da súa propia situación, así como promover cambios nas actitudes e comportamentos dos homes que perpetúan a desigualdade entre ambos os dous.
  • Impulsar, promover e apoiar o asociacionismo feminista e de mulleres e aqueloutros que promovan a igualdade entre xéneros respectando a súa autonomía.
  • Potenciar a participación social das mulleres co fin de que se constitúan responsables e protagonistas do seu propio proceso de promoción e desenvolvemento e para a consecución dunha igualdade real e efectiva.
  • Calquera outro de carácter análogo que teñan incidencia para as mulleres e/ou a igualdade de oportunidades.
  • Impulsar, promover e orientar medidas e plans de actuación para as mulleres e homes e facer un seguimento das actuacións municipais neste eido, así como dos procedementos dos distintos niveis da administración.
  • Instar a Corporación municipal ao cumprimento das actuacións en todos os eidos que sexan convenientes na defensa dos dereitos das mulleres e da promoción da igualdade.

Requisitos para ser membros do Consello Municipal da Igualdade

  1. Estar legalmente constituído.
  2. Ter domicilio social no Concello de Ourense.
  3. Para formar parte deste, as asociacións de mulleres do noso concello, así como aqueloutras asociacións, entidades ou organizacións que teñan como finalidade primordial potenciar a integración social das mulleres e a igualdade real e efectiva de mulleres e homes deberán comunicar ao Presidente/a do Consello Municipal da Igualdade a súa vontade de pertencer a este mediante escrito no que se especificarán os seus datos identificativos e o interese en formar parte del para participar na sesións que se convoquen. Deberán achegar os estatutos da asociación ou colectivo.

Membros actuais do Consello Municipal da Igualdade

  • Asociación de Mulleres Empresarias
  • Asociación de Viúvas “Mª Andrea”
  • Asociación de Amas de Casa “Montealegre”
  • Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas de Ourense
  • Asociación de Mulleres Rurais “Volvoreta” de Velle
  • Asociación de Mulleres Rurais “San Amaro” de Oira
  • Asociación de Mulleres Rurais “Clarexar” de Palmés
  • Asociación de Mulleres Rurais “Xesta” de Covadonga
  • Asociación de Mulleres Rurais “Sta. Agueda” de Seixalbo
  • PP - Área da Muller
  • PSOE - Área da Muller
  • Ourense en común
  • Democracia Ourensana
  • EU- Área da Muller
  • CCOO - Secretaría da Muller
  • UXT - Secretaría da Muller
  • CIG - Secretaría da Muller
  • STEG - Secretaría da Muller
  • Federación de AA.VV. “LIMIAR”
  • Asociación de Persoas Xordas - Comisión da Muller
  • Asociación Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense (AFFOU)
  • Anacos da Cidade
  • Asociación Española contra o Cancro de Ourense
  • Fundación Taller Solidaridade
  • Marcha Mundial das Mulleres
  • Foro Feminista “Falando Nós””
  • Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES)
  • Área de Igualdade da Universidade de Vigo

Documentos: