Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

¿Senteste reflectida nalguna das seguintes situación respecto da túa parella ou ex-parella?

  • Diríxese a ti con desprezo e falta de respeto, ata diante doutras persoas.
  • Infravalora o teu aspecto, as túas opinións, gustos, amizades, a túa familia...
  • Inicia discusións violentas, moitas veces sen motivo.? Controla as túas relacións con outras persoas, as túas saídas, os teus cartos,...
  • Cre ter dereito a controlar as túas chamadas telefónicas, mensaxes, os mails que envías ou recibes.
  • Ten ciumes.
  • Imponte, directa ou sutilmente, como te tes que vestir ou arranxar cando saes á rúa.
  • Ameázate se non fas o que el desexa.
  • Non apoia ou non permite que traballes, estudies ou emprendas actividades ou proxectos que te ilusionan.
  • Sentes que lle molesta dalgún xeito que triúnfes no que emprendes podendo chegar mesmo a ridiculizarte.
  • Involucra nas ameazas ou nas discusións a túa familia (fillas, fillos, pai, nai, irmás?).
  • Empúrrate, golpéate, reténte contra a túa vontade, abusa sexualmente de ti ou ameaza con facelo, bótate da casa?

Se algunha das situacións anteriores non che resulta de todo descoñecida podes estar en risco de padecer violencia de xénero ou ben estar a soportala xa.

Para denunciar ao teu agresor podes acudir aos seguintes servizos:

  • Servizo de Atención á Familia da Policía Nacional (SAF), un equipo especializado en casos de violencia de xénero.
    • Horario: de 9 a 21:30 horas, de luns a venres.
    • R/Paseo Mestre Vide, 4
    • Teléfono:988391445
  • Fóra deste horario recolleranche a denuncia noutras dependencias na mesma Policía Nacional.
  • Xulgado de Garda
    • Praza Concepción Arenal s/n. Pazo de Xustiza
    • Teléfono:988687047/8/9
  • Na Garda Civil da túa localidade (se vives fóra do concello de Ourense).

Información:

  Teléfono gratuito 24 horas: 900 400 273

  Teléfono gratuito 24 horas: 016 (específico de violencia de xénero)