Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

O Concello ven de presentar unha convocatoria dun proceso de participación veciñal para a presentación de propostas de mulleres relevantes coas que nomear as prazas e rúas do Concello de Ourense.

Na presentación desta actividade o alcalde Jesús Vázquez confirmou o "compromiso" do Concello por feminizar o rueiro ourensán, tal e como se recolle no III Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense (2017-2020), que se aprobará do vindeiro pleno.

Ábrese así o proceso para recibir propostas:

  • Poderán ser propostas mulleres relevantes, preferentemente ourensás e galegas, destacadas na defensa dos dereitos das mulleres, o feminismo e a loita pola igualdade de xénero.
  • As propostas virán acompañadas dun dossier sobre o méritos alegados debidamente acreditados.
  • A presentación de propostas farase a través do Rexistro municipal do Concello de Ourense ou por calquera outro medio admitido pola lexislación vixente e dirixidas á Concellería de Igualdade.
  • O prazo de presentación será de dous meses e as propostas serán valoradas no Consello Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, que adoptará o acordo por maioría e poderá rexeitarse ou quedar deserto.