Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Igualdade

Áreas

A Concellería de Igualdade - CIM do Concello de Ourense, inaugurou o 20 de xuño de 2012 o Espazo Coeduca, un lugar de referencia para implementar un programa socioeducativo que permita conciliar os tempos laborais, familiares e persoais das ourensás e os ourensáns, como unha medida compensatoria incardinada no II Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense 2010-2014.

 Este Espazo conta cunha ampla sala dotada de xoguetes, películas, contos, libros e xogos educativos e material didáctico para nenas e nenos, coidadosamente seleccionados de cara a garantir un correcto tratamento non sexista dos seus contidos e usos.

As actividades e obradoiros son desenvolvidos por profesionais especializadas en xénero e educación, así como nas materias concretas a desenvolver nos mesmos (baile, masaxe, etc).

Obxectivos

  • De cara ás nenas e aos nenos: crear un espazo de aprendizaxe, lúdico e creativo, onde se desenvolvan actividades que posibiliten que as nenas e nenos se sintan protagonistas do seu propio proxecto vital e que lles permitan vivenciar que o feito de ser mulleres ou homes ten a mesma importancia.
  • De cara ás familias: ofrecer un espazo alternativo e igualitario, de aprendizaxe e lecer, adaptado ás necesidades e aos tempos das familias, así como á súa conciliación, onde se pretende concienciar a nais e pais sobre os estereotipos e expectativas que inconscientemente poden transmitir ás súas fillas e fillos condicionando o seu desenvolvemento persoal.
  • Respecto á sociedade: ofrecer un espazo que fomente a educación equitativa e igualitaria en liberdade e a convivencia coa diversidade, promovendo un modelo coeducativo onde non teña cabida ningún tipo de discriminación.

Obradoiros

  • Expresión corporal e dramatización
  • Masaxe en familia
  • Expresión plástica e artística
  • Espazo compartido en familia
  • Cociña creativa e manipulación

Poboación destinataria

Nenas e nenos de 4 a 12 anos e as súas familias

Datas de realización

Períodos vacacionais e festas locais significativas

Información, matrícula e lugar de realización

Espazo Coeduca - Concellería de Igualdade